1. A concellería determinou onte a situación e recolocación de aseos portátiles repartidos por varios puntos da cidade. Estes nove urinarios que, xunto aos xa existentes farán un total de case 50, daranlles servizo esencialmente ás e aos traballadores de servizos públicos básicos que deben proseguir a súa actividade na rúa, tal e como reflicte o Decreto do Estado.
2. Ademais, comunicoulles a todas as empresas concesionarias de aparcadoiros públicos dependentes do concello que deberán abrir os seus aseos as 24 horas do día para todas aquelas traballadoras e traballadores de servizos básicos que necesiten utilizalos.
3. A Concellería de Medio Ambiente seguiu para iso as suxestións que algunhas empresas concesionarias lles achegaron para colocar os baños, como no caso dos que están situados nas cabeceiras de liña dos autobuses. Unha vez que se instalen todos os váteres ao longo desta mañá, comunicaráselles a actualización das localizacións ás empresas concesionarias de transporte público, limpeza e recollida de residuos, mantemento de parques e xardíns, e todos aqueles servizos públicos básicos municipais. Así mesmo, publicaranse na nosa web.
4. A Concellería de Medio Ambiente entende que a demanda do sindicato STL está deste xeito satisfeita, polo que non entendería que se deixase de prestar un servizo esencial para garantir a salubridade e hixiene da cidade, máxime nun estado de alarma provocado por unha crise sanitaria como a que desafortunadamente vivimos.
5. Solicítaselle, por tanto, ao cadro de persoal deste servizo básico que cumpra cun cometido tan importante como o da limpeza na cidade, posto que entendemos que as demandas trasladadas a esta concellería xa foron atendidas.
6. Por iso, esperamos que o servizo funcione con normalidade a partir das 22.00 horas de hoxe en vista das actuacións levadas a cabo pola Administración municipal.
7. No caso de que se interromper este servizo básico esencial e seguindo o establecido no Decreto do Estado de Alarma, anunciado o pasado sábado día 14 de marzo polo Goberno central, o concello tomaría todas as medidas legais ao seu alcance para garantir a limpeza da cidade ante o problema sanitario en que nos encontramos.
ASEOS PÚBLICOS FIXOS, AUTOMÁTICOS |
||
Núm. |
ENDEREZO |
ACCESIBLE |
1 |
Parque Santa Margarida |
● |
2 |
Parque Santa Margarida 1: xunto ao parque infantil zona r/ Padre Sarmiento |
- |
3 |
Parque Santa Margarida: urinarios |
- |
4 |
Praza Santa Catalina: á altura de Santo André, núm. 127 |
- |
5 |
Xardíns Méndez Núñez: á altura da avenida do Porto, núm. 6 |
● |
6 |
Avenida de Buenos Aires, fronte á praza de Portugal: praia de Riazor |
● |
7 |
Xardín de San Carlos: rúa Mestranza |
- |
8 |
Praza de España: á altura do núm. 25 |
● |
9 |
Praza de Portugal |
- |
10 |
Rúa alcalde Puga y Parga: praza de Catro Camiños |
- |
11 |
Praza de Pablo Iglesias |
● |
12 |
Parque de Eirís |
● |
13 |
Rúa Roberto Tojeiro Díaz (praza A Cubela) |
- |
14 |
Praza Salvador de Madariaga |
- |
15 |
Parque Monte de San Pedro |
- |
16 |
O Portiño, aparcadoiro do poboado |
● |
17 |
Parque de San Diego: confluencia da avenida do Exército |
● |
18 |
Parque de San Diego: confluencia da Vila de Cedeira |
● |
19 |
Avenida Fernando Suárez García: ascensor do Monte de San Pedro |
● |
20 |
Rúa Matadoiro: en fronte al núm. 64: terreo dos Mariños |
● |
21 |
Parque de Oza |
● |
22 |
Parque de Marte: á altura da avenida de Hércules, enfronte ao núm. 12 |
● |
23 |
Parque de Vioño: rúa Revolución Francesa |
● |
24 |
Paseo Marítimo Alcalde Fco. Vázquez: muro do cemiterio de Santo Amaro |
● |
25 |
Parque infantil Parque de Bens |
● |
26 |
Praia de Oza: só tempada estival |
● |
27 |
Praia de Lapas: só tempada estival |
● |
ASEOS QUÍMICOS |
||
Núm. |
ENDEREZO |
ACCESIBLE |
1 |
Paseo Marítimo, Casabranca Os Castros |
- |
2 |
Dársena deportiva |
● |
3 |
Castelo San Antón |
- |
4 |
Torre de Hércules, aparcadoiro |
● |
5 |
Avda. de Novo Mesoiro (traslado temporal de Torre de Hércules) |
- |
6 |
Avda Fisterra - Pza. de Touros (traslado temporal de Torre de Hércules) |
- |
7 |
Praia Amorosas: baixada á praia |
- |
8 |
San Roque, Millennium |
- |
9 |
Praza Elíptica dos Rosales |
● |
10 |
Paseo das Pontes, xardíns |
- |
11 |
Monte de San Pedro |
● |
12 |
Parque de Bens |
● |
13 |
Parque de Eirís |
● |
14 |
Cemiterio de Feáns |
● |
15 |
Praia de Oza |
- |
16 |
Pablo Picasso: parada de taxis |
- |
17 |
Parada bus lateral hospital Abente y Lago |
- |
18 |
Praza Tolerancia |
- |
19 |
Durmideiras: centro de saúde |
- |
20 |
Os Rosales: cabeceira parada bus |
- |
21 |
Praza de Pontevedra: xunto ao quiosco |
- |
22 |
Avenida de Hércules: mercado Monte Alto |
- |
LISTAXE DE APARCADOIROS CON ASEOS ABERTOS A DISPOSICIÓN DOS SERVIZOS ESENCIAIS
Aparcadoiro Salgado Torres
Aparcadoiro Elviña
Aparcadoiro Mercado Elviña
Aparcadoiro Matogrande
Aparcadoiro Palloza
Aparcadoiro Fábrica de tabacos
Aparcadoiro Praza de Galicia
Aparcadoiro Palacio da Ópera
Aparcadoiro Praza de Vigo
Aparcadoiro Praza de Lugo
Aparcadoiro Cantóns
Aparcadoiro María Pita
Aparcadoiro Mestranza
Aparcadoiro Monte Alto
Aparcadoiro Mariñeiros
Aparcadoiro Conchiñas - Teixeira de Pascoaes
Aparcadoiro das Conchiñas
Aparcadoiro Casa da Auga
Aparcadoiro de Orzán - Riazor
Aparcadoiro da praza de Pontevedra
Aparcadoiro Os Mallos
Aparcadoiro Monforte
Aparcadoiro Materno - Oncolóxico
Aparcadoiro Parque San Diego centro deportivo
Aparcadoiro Parque Europa
Seguindo as recomendacións elaboradas pola Dirección Xeral de Dereitos dos Animais, dependente do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a Concellería de Medio Ambiente acaba de aprobar as seguintes pautas en materia de animais de compañía durante o estado de alarma:
I. Saída con cans á vía pública. Está permitido saír do domicilio co fin de sacar a pasear os cans, pero deberanse observar en todo momento as seguintes medidas:
1) Os cans deben ser paseados, na medida do posible, polos seus propietarios e propietarias. Será obrigatorio levar a documentación identificativa do animal debido a que as/os axentes de policía poderán solicitala.
2) A saída será polo tempo estritamente necesario para cubrir as necesidades fisiolóxicas do can.
3) Os cans irán permanentemente suxeitos con correa, e evitarase en todo momento o contacto con outros cans e/ou persoas. Non se poderán deixar soltos en ningún espazo público nin privado de uso público, nin en espazos privados con fácil acceso desde a vía pública.
4) Ao sacar o can á vía pública deberase levar unha botella de auga con deterxente para limpar os ouriños, así como bolsas para recoller as deposicións.
II. Alimentación de colonias felinas. As asociacións de voluntarios e voluntarias que actualmente xestionan as colonias felinas existentes no termo municipal están autorizadas para que acudan a alimentar os gatos das súas colonias e deberán observar en todo momento as seguintes normas:
1) Só se autoriza a unha persoa por cada asociación e/ou colonia felina para acudir a alimentar os gatos, respectando as normas establecidas nos convenios, relativas a lugar de alimentación, clase de alimento e medidas de limpeza e hixiene.
2) A alimentación dos gatos realizarase preferiblemente en horarios de menos afluencia, e tratarase de espaciar o máximo de días posibles, sen que caiba a alimentación diaria.
3) Evitarase todo contacto cos animais, salvo que excepcionalmente sexa necesario. Nese caso observaranse as medidas de hixiene posteriores.
4) Non se permite a caza de gatos para esterilización ou tratamentos durante a vixencia do estado de alarma.
A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade achegaralles ás asociacións e persoas voluntarias que están a cargo das colonias felinas unha autorización para se identificaren en caso de ser requeridos polas forzas de seguridade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible