Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Consulta previa á modificación da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria

1 de novembro de 2018

Aberto o prazo para participar na consulta previa á redacción dun proxecto que modificará a Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria

De acordo co previsto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, co obxectivo de mellorar a participación da cidadanía no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de modificación da ordenanza, lévase a cabo unha consulta pública, a través do portal web do Concello da Coruña, coa finalidade de recoller a opinión da cidadanía, organizacións e asociacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma sobre:

a) Os problemas que se pretende solucionar coa iniciativa

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación

c) Os obxectivos da norma

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

A actuación municipal de resposta ás pintadas non autorizadas centrouse ata o de agora na resposta ás que afectan aos edificios, instalacións e espazos e mobiliario público, mediante os recursos previstos no contrato de limpeza viaria adxudicado no ano 2008. Ademais, o Concello desenvolve as súas competencias sancionadoras frontea  pintadas non autorizadas que se producen na vía pública e en calquera espazo ou elemento urbano, de acordo coas previsións da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria. 

Con todo, a problemática é máis ampla e afecta tamén ás propiedades e espazos de titularidade privada con implicacións tamén para o interese público, na medida en que se degradan os espazos de uso colectivo.

A modificación da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria pretende facer fronte a esta situación. Habilitar recursos municipais para a limpeza de fachadas exteriores de inmobles de uso residencial, que colinden coa vía pública, e se atopen na área do centro histórico da cidade da Coruña ou noutros espazos nos que concorra unha razón de interese público xustificativa, ligada á promoción do interese turístico ou a protección do patrimonio cultural ou natural.

b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación

O Concello da Coruña aprobou o 5 de setembro de 2005 a Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria (BOP da Coruña 17/09/2005). Esta ordenanza ditouse de conformidade coas competencias que lle corresponden ao Concello da Coruña consonte o disposto na Constitución Española e na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

A ordenanza regula a ordenación e control das pintadas. Por unha parte, prevé que a empresa concesionaria da limpeza e mantemento de contedores debe realizar a limpeza da publicidade e pintadas dos contedores (art. 20.2). En coherencia coa ordenanza, esta esixencia forma parte do servizo de mantemento é conservación de contedores. Por outra banda, a norma municipal prohibe na vía pública realizar calquera clase de pintadas, salvo os graffitis realizados en lugares expresamente autorizados (art. 74, letra k). O incumprimento da dita esixencia supón a comisión dunha infracción administrativa e a imposición da correspondente infracción. Nese caso a ordenanza prevé a posibilidade de substituír o pago das sancións económicas por traballos en beneficio da comunidade (art. 99).

Estas previsións son insuficientes para atender dun modo máis amplo esta problemática, polo que é preciso facer fronte á eliminación de pintadas en espazos privados en zonas de uso público especialmente significativas (polo seu valor turístico ou patrimonial, por exemplo). Con este obxectivo é preciso modificar a ordenanza de limpeza viaria para que habilite á utilización de recursos municipais con esta finalidade.

c) Os obxectivos da norma

Coa finalidade de dar mellor resposta fronte aos actos vandálicos desta natureza e reforzar a capacidade de actuación ante esta problemática, parece oportuno subvencionar en especie actuacións de mellora dos espazos privados, con repercusión directa nos espazos públicos compartidos, especialmente naquelas zonas de valor patrimonial ou de potencial turístico.

Así, proponse a modificación da Ordenanza municipal de xestión de residuos municipais e limpeza viaria, de modo que habilite ao outorgamento de subvencións en especie (non dinerarias) consistentes na realización de actuacións municipais de limpeza de espazos privados colindantes coa vía pública, especialmente afectados por esta problemática e nos que estea en xogo o interese público, polas implicacións patrimoniais ou turísticas derivadas destes actos vandálicos.

Seguindo o modelo de concellos como os de Madrid ou Oviedo, a modificación da ordenanza tamén pretende habilitar a intervención municipal directa no suposto de especial gravidade no que concorran razóns de interese público de interese prioritario, como a protección do patrimonio cultural e natural, ou a concorrencia de implicacións turísticas ou comerciais graves derivadas destes actos vandálicos.

d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias

Non hai alternativas non regulatorias que permitan atender a necesidade apuntada.  

En consecuencia, a cidadanía, organizacións e asociacións que así o consideren, poden remitir as súas opinións sobre os aspectos formulados neste cuestionario ata o día 1 de novembro de 2018, a través do seguinte correo electrónico: medioambiente@coruna.es.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

Puntos limpos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión