Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

15 de setembro de 2020

A quinta edición de DiversidArte realizarase na Coruña entre o 18 de setembro e o 3 de outubro

O Festival das Artes Inclusivas ofrece un programa de cinema social, circo, teatro, danza, música e artes gráficas. Parte das súas actividades levaranse a cabo no Mercado de San Agustín

Nun ano marcado polas dificultades xeradas pola COVID-19, a quinta edición de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, terá lugar na Coruña entre o 18 de setembro e o 3 de outubro con cinco xornadas de actuacións e actividades a través das que, reforzando as medidas de seguridade fronte á COVID-19, a organización sen ánimo de lucro Poten100mos segue traballando pola igualdade e a diversidade no sentido máis amplo.

DiversidArte estableceu unha capacidade do 60%, logo da reserva previa, en todos os eventos que realizará de forma presencial que, ademais, serán retransmitidos polas redes sociais de Plataforma DiversidArte, aumentando así a accesibilidade dos eventos "para que a programación chegue realmente a todas as persoas" en palabras de Cristina de la Puente, directora de proxectos dePoten100mos.

A programación desta edición contén proxeccións do concurso de cinema social DiversimaCine, actuacións, talleres con participación do público e a Gala DiversidArte, como clausura, onde se entregarán os premios ás persoas gañadoras deDiversimacine e estrearase, despois de moitas dificultades e extremando as precaucións debido á actual situación, a obra de teatro e percusión 'Metamorfose' . O acceso será gratuíto tras a reserva previa de praza debido á COVID-19 a través da páxina web www.poten100mos.org/reservas.

O grupo de teatro e de música da Asociación Poten100mos, Experimentadanza, Asociación Diversos, Milicia Gráfica, Pablo Rega, Cirkoimpacto e Dj Inclusivo MontxoNucleus 6 darán vida a través do teatro, a música, o circo, a danza e as artes gráficas á programación deste ano que conta co apoio, na cesión de espazos, do Concello da Coruña, de Afundación e do CGAI.

Celebracións no mercado de San Agustín

O sábado 19 de setembro comezarán as celebracións no Mercado de San Agustín onde, ao longo do día, se levarán a cabo actividades e actuacións.

Pola mañá, de 11.00 h a 13.00 h, Milicia Gráfica dirixirá o taller "A Impresionarte" onde cada nena/o gozará de 30 minutos para usar esta marabillosa "impresora poética" que ten como obxectivo facer reflexionar acerca de que cada un/unha somos o motor de esta retromáquina e tamén do noso mundo ademais de ser responsables dos cambios sociais positivos.

Pola tarde, de 17.30 h a 18.00 h, chega a quenda do baile integrado de Experimenta danza que interpretarán 'Límites', unha peza para dous corpos posibles e diferentes, o corpo diverso que ten forza e dirixe os movementos do bailarín como un imán. De 18.30 h a 19.30 h, o alumnado e o equipo de persoas creadoras de Asociación Diversos levará a cabo 'Construíndo soños', unha posta en escena de teatro inclusivo formada por diversas micro-pezas de baile integradas desde o corpo, a palabra, a voz e a imaxe.

O sábado seguinte, 26 de setembro, de novo Milicia Gráfica encargarase de levar acabo un taller 'A máscara do artista' nesta ocasión para nenas/os e persoas adultas de 11.00 h a 13.15 h da mañá onde o cartón será o principal material que se utilice e onde se experimentará "a beleza das diferenzas", o principal obxectivo desta actividade.

Nesta ocasión, pola tarde de 17.00 h a 20.00 h haberá tamén un taller de improvisación musical impartido polo músico Pablo Rega, onde o público poderá experimentar fóra dos parámetros habituais o que xa se coñece como improvisación melódica presente nos xéneros populares descendentes do blues e do jazz. De 17.30 h a 18.30 h Cirkompacto levarán a cabo 'Hell Brothers' , un espectáculo onde, como é habitual neste dúo cómico, ofrecerán grandes doses de circo e de humor.

O peche da xornada, de 18.30 h a 20.00 h, poñerao Dj Inclusivo Montxo Nucleus 6 que, grazas á posibilidade de conectar o seu implante coclear ao mesturador, ofrecerá unha sesión musical divertida.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión