Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

26 de maio de 2020

Ábrese o proceso de presentación de ofertas para a concesión dos 32 postos vacantes nos mercados municipais

Terán unha duración de 15 anos, prorrogables por outros dez máis, e o prazo para remitir as solicitudes remata o 25 de xuño

A plataforma de contratación do Estado abriu este luns o proceso de licitación dos 32 postos vacantes nos mercados municipais para os que se abre o prazo de presentación de ofertas, que finalizará o 25 de xuño. A concesión dos expositores é de 15 anos, prorrogables por outros dez máis.

Esta licitación está pensada desde unha perspectiva social, polo que se estableceron uns criterios de valoración que favorecen a inserción laboral das persoas desempregadas, das que teñen algunha discapacidade e das mulleres.

As solicitudes deberán presentarse a través da plataforma de contratación do Estado e a información que se precisa para optar a eles está publicada neste enlace​. Ademais, contan cun servizo de apoio ao licitador a través da dirección de correo electrónico licitacionE@hacienda.gob.es, en que se debe indicar o número de expediente, órgano de contratación e detalle do erro, adxuntando unha captura da pantalla se é posible. Tamén se pode chamar ao teléfono 610 591 413.

A adxudicación dos postos será a través dun procedemento aberto. En concreto, están dispoñibles catro no mercado de Palavea (un de froitas e verduras, un de peixe, un de comestibles e cantina e un de carnicería); un de "demais artigos", no de Ramón Cabanillas; 1 de peixe, no de Elviña; 12, en San Agustín (4 de froitas e verduras, 2 de comestibles e cantina, 2 de queixos e ovos, 2 de aves e 2 de peixe); e 14, na praza de Lugo (5 de comestibles e cantina, 5 de peixe, 1 de "demais artigos", 2 de carnicería e 1 de aves).

Unha oportunidade de emprego

Os mercados municipais representan un servizo esencial que funcionaron a pleno rendemiento durante a crise sanitaria polo que o acceso a un deses postos vacantes constitúe unha oportunidade interesante para as persoas demandantes de emprego, ou outras que así o consideren.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión