Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

16 de maio de 2020

Comercio lanza unha campaña de apoio ao sector co cancelo #EuVouSeguro

A través dun vídeo, a concellería agradece o esforzo realizado polas/os comerciantes da cidade e relaciona as compras nas tendas de barrio como “seguras” pola confianza, proximidade e honestidade das e dos profesionais

A Concellería de Comercio lanza unha campaña de apoio e agradecemento ás persoas que se dedican a este sector e que xunto ás/aos hostaleiros tiveron que suspender a súa actividade para contribuíren ao control da pandemia. A través dun vídeo, reivindican estes servizos como os motores económicos da cidade, polo que fan fincapé en que a súa recuperación é vital. A eles atribúenlles os valores de proximidade, honestidade, confianza e calidade.  

Desde a concellería queren fomentar con esta peza a compra nos pequenos locais agora que xa comezan a abrir como unha forma de axudar a nosa veciñanza para que remonte economicamente á vez que transmiten un concepto de seguridade nesas tendas, bares e restaurantes de confianza. Deste xeito, a campaña artículase sobre o dobre significado que pode ter a palabra "seguro" e ao concepto de seguridade hixiénica que ofrecen este tipo de establecementos, súmanlle a idea de promesa por parte das e dos coruñeses de volveren aos negocios que están nos seus barrios. Son as/os propios profesionais as/os que o protagonizan relacionando a saúde do pequeno comercio coa calidade de vida na Coruña. O resultado poderá verse estes días nas redes sociais.   

Ademais, Comercio proponlle á cidadanía compartir contidos e vivencias persoais nesas tendas utilizando o cancelo #EuVouSeguro. Tamén se realizar unha campaña de apoio aos negocios coruñeses a través das principais emisoras de radio.     . 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión