Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de novembro de 2019

MotorOcasión pon á venda mil coches usados esta fin de semana en ExpoCoruña

A concelleira Eva Martínez Acón asistiu esta tarde ao acto inaugural da feira que valorou como “unha oportunidade de crecemento para as firmas coruñesas para rendibilizar os seus números a finais de ano”

A concelleira de Innovación, Industria, Emprego e Consumo, Eva Martínez Acón, asistiu esta tarde ao acto de inauguración do Salón MotorOcasión Coruña, unha feira que reúne os stocks de vehículos de segunda man dos concesionarios oficiais tanto da cidade como do ámbito galego que se pode visitar desde hoxe ata o domingo en Expocoruña.

O salón, que ocupa unha superficie de 13.000 metros cadrados do recinto feiral, ofrecerá uns 600 coches que, contando coas reposicións das unidades comercializadas que se irán rexistrando cada día, poderán chegar aos 1.000 vehículos en oferta, con todo tipo de quilometraxe e de diferentes prezos.

A concelleira Eva Martínez Acón valorou a actividade como "unha oportunidade de crecemento para as firmas coruñesas de cara a rendibilizar os seus números a finais de ano" pero tamén para as persoas compradoras que, dixo, "teñen a posibilidade de comparar e ver in situ un número importante de turismos, de equiparar modelos para dar coa opción que mellor se axuste ás necesidades e ao orzamento de cada un co aval de seren empresas serias".

Canto ao acceso, as nenas e os nenos menores de 10 anos poden visitar a feira de balde e, ademais, o recinto conta cun aparcadoiro totalmente gratuíto na zona subterránea para as persoas visitantes.

O horario de MotorOcasión Coruña para este sábado é de 11.00 a 21.00 h, e o domingo estará aberto desde as 11.00 ata as 20.00 h.

Modelos con plena garantía

O público atopará unha ampla exposición con vehículos de todos os tipos, desde utilitarios ata alta gama, que van desde seminovos, que adoitan ser os máis demandados, ata vehículos xa usados con diferente antigüidade e quilometraxe, onde poderán descubrir unidades máis baratas.

En xeral, os concesionarios oficiais levarán modelos de quilómetro cero, automatriculados, coches de xerencia, coches de exhibición e coches de frota de alugueiro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión