Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2021

O Concello comeza a sinalizar as distancias de seguridade e as capacidades nos mercados municipais

A Concellería de Comercio, Mercados e Barrios instalará vinilos en cada posto e peañas informativas coa capacidade máxima permitida nas entradas das prazas de abastos, co fin de cumprir coa orde do último decreto da Xunta de Galicia

O Concello comezará mañá a sinalizar as distancias de seguridade e as capacidades nos mercados municipais, co fin de cumprir coa orde do último decreto da Xunta de Galicia. San Agustín será o primeiro dos mercados en que se instalarán os vinilos que informarán as e os clientes das distancias de seguridade que deben manter en todo momento.

A Concellería de Comercio, Mercados e Barrios instalará vinilos en cada posto e pedestais informativos coa capacidade máxima permitida nas entradas das prazas de abastos. A concelleira, Diana Cabanas, sinala que "nos vindeiros días todos os mercados municipais contarán coa correspondente sinalización, cumprindo a normativa autonómica" e asegura que "son espazos seguros, en que tanto as e os praceiros como a clientela sempre respectaron as normas para a prevención de contaxios".

As capacidades nos mercados municipais están calculara para que cada persoa teña 4 metros cadrados ao seu arredor, é dicir, 2x2 metros de distancia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión