Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

9 de xuño de 2020

O concello licita as obras de rehabilitación do mercado de Durmideiras por 2 millóns de euros

A Xunta de Goberno local adxudicaralle os traballos de urbanización da rúa A Nosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por un importe de 669.254 euros

A Xunta de Goberno Local aprobará na sesión extraordinaria de mañá a licitación das obras de rehabilitación integral do mercado de Durmideiras por un importe de 1.996. 345, 33 euros e un prazo de execución de 28 semanas. A reforma conta con fondos europeos e ten como obxectivo modernizar o edificio e transformalo nun punto de encontro para a veciñanza. Trátase dunha reforma integral que permitirá mellorar non só o edificio e a accesibilidade ás instalacións, senón tamén a contorna.

O concello reactiva deste xeito obras de mellora que se atopaban paralizadas e dá resposta a unha vella demanda veciñal. O Goberno local tamén ten previsto licitar as obras de reforma do mercado de Monte Alto antes de que remate o verán.

A alcaldesa, Inés Rey, asegura que a reforma é unha mostra máis do compromiso do Goberno local coa modernización dos mercados municipais para a súa rexeneración e posta en valor. "Unha clara aposta polo comercio de proximidade, tal e como quedou demostrado nesta crise sanitaria, e pola creación de espazos urbanos de calidade nos barrios", explica.

Os proxecto de rehabilitación do mercado sitúa na planta baixa os postos de venda cun espazo no medio para uso social. A planta alta será un espazo polivalente para o que aínda no están determinados os seus usos. Ademais, liberarase o espazo interior das dúas plantas, de maneira que a de arriba quedará diáfana e apta paraalbergar calquera tipo de evento promovido pola veciñanza. Na planta de abaixo reorganizaranse os postos e trasladaranse ao centro para que a fachada sexa totalmente aberta á rúa. O inmoble contará cun peche de cristal en todo o seu perímetro co obxectivo de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.

O proxecto enmárcase dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixo de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España(POPE) 2014-2020".

A Xunta de Goberno local tamén acordará adxudicarlle as obras de urbanización da rúa ANosa Señora do Rosario á empresa Manuel Rivas Boquete SL, por un importe de 669.254 euros. Os traballos terán un prazo de execución de 6 meses. Excluiranse do procedemento as empresas Alvac, SA, Hordescón, SL e Ovisa Pavimentos y Obras, SLU por non alcanzar a puntuación técnica mínima prevista no prego de cláusulas administrativas deste procedemento. Estas obras están financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco doPrograma Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

Na sesión de mañá, tamén se autorizará suspender as obras de restauración doXardín de San Carlos (financiadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo plurirrexionalde España 2014-2020) ata o 30 de setembro de 2020. Fixarase a data de inicio das ditas obras para o 1 de outubro de 2020. Segundo o informe técnico, o inicio dos traballos en época estival poñería en risco a supervivencia dos exemplares catalogados, en especial dos olmos centenarios.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión