Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de novembro de 2022

O mercado de San Agustín acolle o Rebel Wine Fest, a primeira feira de viños naturais do noroeste

Este evento terá lugar os días 19 e 20 de novembro e forma parte do programa de dinamización dos mercados municipais do Concello da Coruña

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Comercio e Mercados, organiza o Rebel Wine Fest, a primeira feira de viños naturais do noroeste. Este acontecemento, promovido en colaboración con Molero & Álvarez e "El vino del mes", será o sábado 19 e o domingo 20 de novembro no primeiro andar do mercado municipal de San Agustín

A iniciativa forma parte do programa levado a cabo polo Goberno de Inés Rey para dinamizar os espazos dos mercados da cidade. Este evento está pensado para gozar dunha experiencia única arredor do viño, buscando conectar bodegas, elaboradores, sommeliers, distribuidoras e profesionais do sector co consumidor final.

Rebel Wine Fest contará cunha coidada selección de bodegas e tamén unha oferta gastronómica local, que servirá como maridanza. Haberá debates, charlas, catas, concertos, monólogos e obradoiros. Será o primeiro acontecemento destas características en Galicia e no noroeste peninsular, xa que na actualidade só hai alternativas similares en Madrid e Barcelona. 

Mesas redondas, catas e obradoiros

O groso das actividades que se celebrarán en San Agustín estarán relacionadas co mundo do viño. Haberá xornadas de debate, mesas redondas, catas para consumidores e distribuidores e hostaleiros, maridanzas, espazos de reunións, produto de proximidade e unhas 40 bodegas de todo o país. Tamén haberá diferentes propostas de ocio, como maridaxes con arte, concertos, monólogos, talleres de impacto positivo ou obradoiros para nenos.

Haberá un espazo reservado para profesionais na primeira planta do mercado municipal e diversos postos na segunda de acceso libre. O horario do sábado 19 de novembro será de 11.00 a 20.00 horas e o do domingo 20 de novembro, de 11.00 a 18.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión