Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de septiembre de 2020

O mercado de San Agustín acolle o V Festival das Artes Inclusivas DiversidArte

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral, asistiu esta tarde á inauguración dun evento que serve para visibilizar o traballo artístico de persoas con diversidade funcional

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Sobral, asistiu esta tarde no mercado de San Agustín á inauguración da quinta edición do Festival das Artes Inclusivas, DiversidArte, que se celebrará na cidade entre hoxe e o 3 de outubro, cun amplo programa que inclúe cinema social, circo teatro, danza, música e artes gráficas. A asociación Poten100 mos, promotora do evento, traballa para favorecer a inclusión socio laboral de persoas en situación de vulnerabilidade física, psíquica e/ou social.

A concelleira destacou que o festival convértese no mellor escaparate do traballo realizado polos artistas con diversidade funcional e agradeceulle ás persoas responsables que elixisen o mercado municipal "para realizar un festival que nos ensina como a diversidade enriquécenos".

Sobral felicitou a asociación Poten100 mos porque "fostes capaces de sacar adiante un programa que lle dá visibilidade ao voso labor e, o que é máis importante, ao traballo de todas e todos os artistas que se soben ao escenario deste mercado e éncheno de vida, de arte, de cultura a pesar da situación complicada que vive o sector cultural debido ás restricións sanitarias impostas pola pandemia". E lembrou o compromiso do concello con iniciativas innovadoras como DiversidArte que serven para favorecer a integración social e laboral das persoas con diversidade a través da cultura e establecer novos vínculos entre o mundo cultural e social "Cinema, teatro, talleres, circo convértense tamén deste xeito nunha ferramenta que serve para dinamizar o mercado; éncheno de contido e vida", manifestou.

O mercado acollerá unha segunda xornada do festival o vindeiro sábado 26 de setembro.

Pódese consultar toda a programación na web https://poten100mos.org/ e https://www.coruna.gal/

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión