Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

20 de febreiro de 2021

O mercado ecolóxico regresa mañá ao campo da Leña co 50% da súa capacidade

Adoptaranse todas as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias debido á COVID-19

O mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade regresa mañá ao Campo da Leña tras meses de parón debido ás restricións pola pandemia. Faino polo momento cunha capacidade do 50%, é dicir con tan só dez postos, para garantir as medidas de seguridade e a distancia social, e sen a carpa onde se organizan actividades para nenas e nenos e persoas adultas, que se retomarán unha vez que as autoridades sanitarias o permitan.

A partir de mañá, habilitarase unha entrada  ao mercado, onde se colocará xel hidroalcólico, e a saída realizarase por un lugar distinto, para garantir a distancia social.

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, que visitará mañá o mercado, sinala que o Goberno local impulsa este tipo de comercio para responder á demanda e incrementar o número de persoas consumidoras na Coruña. E asegura que o que se busca con este tipo de iniciativas é facilitarlle á veciñanza a compra de alimentos ecolóxicos e de proximidade.

Desde a Concelleria de Comercio apuntan que a pandemia supuxo un maior apoio ao comercio e á produción local. "É importante apoiar as produtoras e os produtores locais aos que a crise do coronavirus prexudicou; unha situación da que se están intentando recuperar", subliña a concelleira

Tamén destaca o cambio que nos últimos anos se produciu nos hábitos de compras e na alimentación Por iso é necesario darlles prioridade aos produtos de proximidade e comprar no comercio local co fin de axudarmos a revitalizar a nosa economía e de apostarmos por un consumo máis sustentable. "Aquí podemos facer unha compra eco, variada e a moi bo prezo; unha cesta sustentable", di.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión