Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2021

O venres día 28 de maio en horario de 16:30 a 20:30 celebrarase na Praza de María Pita unha nova edición do Mercado Semente

O Proxecto Semente "Unha empresa na miña escola" está destinado a fomentar os valores do emprendemento e a cooperación así como o coñecemento do comercio xusto e da economía social entre o alumnado que cursa entre terceiro e sexto de Educación Primaria ou Educación Especial nos centros educativos da cidade.

Os obxectivos deste programa son fomentar os valores de emprendemento e cooperación, nun contexto creativo e lúdico, favorecer a autonomía persoal e a participación en diferentes contextos sociais, impulsar o coñecemento do comercio xusto e da economía social nas escolas, coñecer as normas básicas de funcionamento en grupo e iniciar ao alumnado nos principios básicos de marketing, contabilidade, impostos...

O longo de todo o curso escolar os escolares crean e xestionan ao longo do curso cooperativas escolares  e elaboran produtos que venden no Mercado SEMENTE   o venres 28 de maio de 16:30 a 20:30 na Praza de María Pita.  Gran variedade de artigos elaborados con diferentes materiais e co esforzo e agarimo de preto de 170 nenos e nenas .

Previo o mercado no mes de abril, nun acto realizado no Salón de Plenos do Concello, os representantes das cooperativas recibiron de mans do Concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego o permiso para realizar a dita venda.

Visitará o mercado o Concelleiro  de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesus Javier Celemín Santos, que ademais  entregará dous premios as mellores cooperativas tendo en  conta a decoración do stand de venda, a publicidade, e a orixinalidade e variedade dos produtos. Os premios consistirán en regalos  para cada participante da cooperativa agasallada,  tamén se premiará ao centro educativo con máis implicación no proxecto con un cheque regalo para material escolar de 300€.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión