Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2020

Os mercados coruñeses lembran que continúan os labores de desinfección para garantir a seguridade

Nos últimos días repartíronse entre vendedores e vendedoras un total de 1000 máscaras e 700 pares de luvas

Os mercados coruñeses quérenlle lembrar á súa clientela que poden realizar a compra con toda comodidade, adquirindo produtos de calidade e de proximidade favorecendo a economía e o comercio local. Os vendedores e as vendedoras dos mercados poderán axudarlles no que necesiten e mesmo poden solicitar o envío da compra ao domicilio.

Por outra banda, desde os mercados coruñeses lembran que se están desinfectando as instalacións municipais a diario co fin de garantir a seguridade das persoas que visiten os mercados.

Repartición de máscaras e luvas

Ademais, nos últimos días repartíronse entre vendedoras e vendedores un total de 1000 máscaras e 700 pares de luvas. En total, desde que se decretou o estado de alarma a nivel nacional, o Concello da Coruña repartiu entre as vendedoras e vendedores dos mercados municipais arredor de 3000 luvas, 3000 máscaras e 250 pantallas.

Pechado o 1 de maio

Finalmente, lembran que este venres 1 de maio os mercados coruñeses permanecerán pechados. Aínda que, o sábado 2 estarán abertos no seu horario habitual de sábado.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión