4 de decembro de 2020
Os envíos a domicilio, así como o pago con tarxeta, son novas medidas xeneralizadas en todos os postos
Os Mercados Coruñeses continúan blindándose contra o coronavirus. Para iso, está a realizarse un esforzo no control dos accesos e puxéronse indicacións nas entradas e saídas. En canto ás medidas de hixiene e limpeza, melloráronse ao incorporar máquinas especiais que eliminan virus e bacterias.
CONVENIO CON KIBUS
Os envíos a domicilio, así como o pago con tarxeta, son novas medidas xeneralizadas en todos os postos. En concreto, os vendedores e as vendedoras da praza de Eusebio da Guarda e de Elviña negociaron con Kibus o servizo de compra e envío á casa a través da súa web.
Unha vez máis, os Mercados Coruñeses agradécenlle á súa clientela a súa fidelidade e colaboración mantendo as medidas de seguridade fronte á COVID-19. E como recomendación, engaden a posibilidade de realizar a compra individualmente.
Novas relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible