Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

24 de abril de 2019

Os mercados municipais acollen dende este venres unha campaña de dinamización que repartirá 285 carros de compra e outros premios entre a súa clientela

A campaña, que busca potenciar o modelo de compra de produtos frescos e de proximidade que se dá nos mercados, entregará 10.000 cupóns de 'rasca e gaña'

A Concellería de Emprego e Economía Social inicia o vindeiro venres 26 unha nova edición da campaña 'rasca e gaña' de dinamización dos mercados municipais que ten como obxectivo incentivar a compra e o consumo de produtos frescos e de proximidade. O edil responsable do departamento, Alberto Lema, salienta que esta iniciativa "potencia as compras nos mercados municipais, que xa son de por si unha referencia no sistema de consumo da cidade grazas a un trato próximo coa veciñanza e unha oferta de produtos de tempada, cunha moi boa relación calidade prezo".

A acción, que se desenvolverá os venres e sábados ata esgotar as existencias nos mercados de Ramón Cabanillas, Elviña, San Agustín, Eusebio da Guarda, As Conchiñas, Durmideiras, Palavea e Monte Alto, repartirá un total de 10.000 cupóns 'rasca e gaña', un por cada compra superior a 10 euros realizada nos postos de alimentación e produtos frescos destes mercados. Os cupóns premiados poderán intercambiarse por algún dos 1.500 premios dispoñibles, entre os que inclúen bolsas de tea e 285 carros para a compra.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión