Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2019

A escola infantil municipal de Monte Alto inaugura o curso no mercado do barrio

Será o sábado 26 de outubro na Tenda de Antón, a partir das 11.00 horas

A escola infantil municipal Monte Alto celebra este sábado o novo curso con actividades na Tenda de Antón, un espazo infantil situado no posto número 13 do mercado do barrio.

Encargarase de amenizar a xornada a contacontos Cris de Caldas, e a música correrá a cargo da Escola municipal.

O obxectivo desta actividade, dentro da programación dun pequeno ciclo máis amplo no que traballa a Asociación veciñal Atochas-Monte Alto, é axudar a dinamizar o mercado, así como outras entidades e colectivos do barrio.

A Tenda de Antón

A Tenda de Antón é un espazo de actividade situado no Mercado Municipal de Monte Alto. O seu obxectivo é que os nenos e as nenas da Escola Infantil Municipal de Monte Alto e doutras escolas infantís da rede municipal coñezan os mercados, aprendan xogando e se relacionen con persoas vendedoras e compradoras.

Recoñecida por Unicef

A tenda de Antón esta recoñecida por Unicef, desde o ano 2016 como unha boa práctica para a infancia. Grazas á colaboración da Fundación Barrié e o Concello, a escola puxo en marcha no mercado de Monte Alto un posto dedicado exclusivamente para as nenas e os nenos dos centros escolares.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión