Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2021

Comeza a funcionar o mercado provisional de Durmideiras para lle dar servizo ao barrio durante a reforma integral da praza

A concelleira de Mercados, Diana Cabanas, visitou hoxe os postos eventuais e recordou que tras as obras, o edificio dinamizará a zona, xa que ademais da actividade de compra-venda, contará con espazos para usos sociais e culturais

A concelleira de Comercio, Mercados e Barrios, Diana Cabanas, visitou este mediodía o mercado provisional de Durmideiras que lle dará servizo ao barrio durante os cinco meses que durarán as obras de reforma integral do edificio. As praceiras e os praceiros adaptaron facilmente os seus produtos aos postos eventuais e tiveron unha boa acollida por parte do público. A edila recordou que "a nosa prioridade é apostarmos polas prazas de abastos e o comercio de proximidade" e recordou que o de Durmideiras será un punto de encontro non só pola actividade de compra-venda que se realice nel, senón tamén polos espazos que se lle reservará á cidadanía para usos sociais e culturais.

A veciñanza verá así na vindeira primavera a súa praza de abastos renovada, dentro do compromiso do Goberno de Inés Rey por modernizar estas construcións municipais. As obras de rehabilitación do mercado de Durmideiras, que terán un custo de 1.996.345,33 euros, enmárcanse dentro da Estratexia EidusCoruña, que está financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020". Na reforma liberarase o espazo interior de ambas as plantas, de xeito que a de arriba quedará diáfana e apta para albergar calquera tipo de eventos promovidos pola veciñanza. Na de abaixo reorganizaranse os postos e trasladaranse ao centro para que a fachada sexa totalmente aberta á rúa. O edificio acristalarase en todo o seu perímetro co fin de darlle unha maior visibilidade á actividade comercial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión