Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2019

O mercado de San Agustín acollerá a quinta edición do Boucatise do 30 de novembro ao 1 de decembro

O prazo de inscrición para participar no Festival do Bocadillo Gourmet finaliza este xoves 31 de outubro

O mercado de San Agustín acollerá unha nova edición de Boucatise, o Festival do Bocadillo Gourmet. Será o fin de semana do 30 de novembro e 1 de decembro.

No concurso, convocado polo Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, poderán participar todas aquelas empresas, asociacións ou entes da provincia da Coruña que pola súa traxectoria profesional e proposta temática encaixen co Festival, que se desenvolverá entre as 12.00 e 17.00 horas dos días sinalados. O prazo de inscrición continúa aberto ata este xoves, 31 de outubro.

As bases para os puntos de venda e servizos de bar, así como as fichas de inscrición, atópanse na web https://boucatise.coruna.es/ e deberán enviarse cubertas cos datos solicitados ao mail boucatise@gmail.com. A organización valorará a orde de recepción das solicitudes, así como o encaixe das propostas nos estándares de calidade e filosofía do festival.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión