Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de novembro de 2020

O programa Arraigo recala nos Mercados Coruñeses

A Trova Coruñesa inaugurou esta nova edición de Arraigo cunha actuación no mercado de San Agustín

Por mor das circunstancias provocadas pola pandemia, os Mercados Coruñeses queren colaborar co IMCE impulsando o programa municipal Arraigo, e darlles así visibilidade aos grupos musicais da cidade.

Por iso, nos diferentes mercados realizaranse actuacións intermitentes os sábados, para dinamizar e amenizar as compras. Para garantir as medidas de prevención fronte á COVID-19 non haberá cadeiras e deberanse evitar as agrupacións de persoas.

Esta iniciativa inaugurouse o pasado sábado 21 de novembro coa actuación do grupo A Trova Coruñesa no mercado de San Agustín.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión