Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2019

Os mercados coruñeses prepáranse para o Samaín

As e os comerciantes das prazas organizan diferentes actividades para celebrar a festividade de Todos os Santos entre o 31 de outubro e o 2 de novembro

Os mercados coruñeses súmanse á festividade do Samaín, Todos os Santos ou Halloween.

O Mercado Municipal de Monte Alto realizará unha exposición de debuxos e de cabazas de Samaín relacionados co mercado do barrio que se expoñerá os días 31 de outubro e 2 de novembro nas zonas comúns do mercado.

Pola súa banda, no Mercado Municipal de Elviña , dous monitores pintarán as nenas e os nenos que se acheguen con motivos relacionados. Será o sábado 2 de novembro, de 11.00 a 14.00 horas. A maiores, a clientela que entregue un tícket de compra dun posto da Asociación de Vendedores de Elviña, será obsequiada cun agasallo.

Estas e máis sorpresas agárdanvos nos mercados municipais!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión