Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de decembro de 2020

Os Mercados Coruñeses reforzan as súas medidas contra a COVID-19

Os envíos a domicilio, así como o pago con tarxeta, son novas medidas xeneralizadas en todos os postos

Os Mercados Coruñeses continúan blindándose contra o coronavirus. Para iso, está a realizarse un esforzo no control dos accesos e puxéronse indicacións nas entradas e saídas. En canto ás medidas de hixiene e limpeza, melloráronse ao incorporar máquinas especiais que eliminan virus e bacterias.

CONVENIO CON KIBUS

Os envíos a domicilio, así como o pago con tarxeta, son novas medidas xeneralizadas en todos os postos. En concreto, os vendedores e as vendedoras da praza de Eusebio da Guarda e de Elviña negociaron con Kibus o servizo de compra e envío á casa a través da súa web.

Unha vez máis, os Mercados Coruñeses agradécenlle á súa clientela a súa fidelidade e colaboración mantendo as medidas de seguridade fronte á COVID-19. E como recomendación, engaden a posibilidade de realizar a compra individualmente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión