Concello da Coruña

Concello da Coruña

Posto 1: O Bico das Fadas

Venda de invitacións de voda, comuñóns, bautizos, aniversarios, así como detalles para os ditos eventos.

Organización de eventos, decoración de festas temáticas, mesas doces, photocall, inchables, touro mecánico, táboa de surf, wipe out, festa da escuma, dj, photomaton, animación, maxia...

Agasallos orixinais para calquera ocasión, globos de helio para festas, tarxetas de felicitacións, complementos para despedidas de solteir@s, arranxos para recentemente nados, cestas personalizadas. Ademais de toda esta variedade de artigos teñen unha sección dedicada ao coidado da pel, tanto de persoas adultas como de bebés, xabóns ao corte, bombas de baño relaxantes, candeas aromáticas...

Especialidade: preparación de cestas de agasallo personalizadas.

O seu produto diferenciador son os globos de helio para eventos e celebracións.

O seu produto estrela son as cestas de agasallo para nacementos, aniversarios, etc, que son o que máis demanda a súa clientela.

Realizan envíos gratuítos na área local, por compras superiores a 20 €.

O seu obxectivo é facer realidade os soños da súa clientela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión