Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2020

Reactivando Coruña, unha campaña para impulsar o comercio de proximidade

Sigue nas redes sociais o cancelo #REACTIVANDOCORUÑA e súmate a esta campaña de apoio á economía local

A Concellería de Mercados, Comercio e Barrios lanza a campaña "Reactivando Coruña" para impulsar o comercio local, a hostalería e os Mercados Coruñeses, todos eles, piares básicos da economía coruñesa.

Agora, dadas as circunstancias provocadas pola pandemia da COVID-19, necesitan da complicidade e o apoio de toda a cidadanía. Cada comercio, cada bar, cada restaurante ou cada posto dos mercados que pecha é unha oportunidade menos para reactivar a economía local. Cada euro investido ou consumido no comercio, hostalería e mercados de proximidade é un euro máis na economía circular da Coruña.

Con esta acción de sensibilización difundida a tavés de redes sociais queremos convidarvos a incrementar a utilización do comercio local, dos mercados municipais e da hostalería, na medida que o permitan as medidas de restrición fronte ao coronavirus. Sigue nas redes sociais o cancelo #REACTIVANDOCORUÑA e súmate a esta campaña de apoio á economía local.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión