Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de setembro de 2022

A Feira do Corredor volveu hoxe á Coruña, tras sete anos de ausencia, como antesala do maratón Coruña42

Durante a celebración da proba o vindeiro domingo haberá diversos cortes de tráfico con desvíos sinalizados

O Palexco acolle esta fin de semana a Feira do Corredor (Exporunning), un evento que non se celebraba na cidade desde o ano 2015 e que, plantexada como unha das actividades complementarias ao maratón Coruña42 que se celebrará este domingo, permitirá á cidadanía coñecer as últimas tendencias en nutrición e materiais deportivos, así como a asistencia a coloquios relacionados co deporte, a psicoloxía e fisioterapia.

A Feira do Corredor está aberta á cidadanía desde este venres, 30 de setembro (de 17.00 a 21.30 horas), coa segunda e última xornada prevista este sábado 1 de outubro (de 10.00 a 20.00 horas).

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, puxo en valor "a proposta didáctica e divulgativa" da Feira do Corredor, que neste 2022 conta coa atleta galega Julia Vaquero como a madriña da edición. Vaquero será, ademais, unha das principais protagonistas nos coloquios que terán lugar este sábado no Palexco, compartindo mesa co tamén atleta coruñés Andrés Díaz, representante nacional nos Xogos Olímpicos de Atlanta e Sidney nos anos 1996 e 2000.

Os horarios dos coloquios deste sábado son os seguintes:

  • 17.00 a 17.30 horas: Saúl Sánchez, nutricionista.
  • 17.30 a 18.00 horas: Madó González, psicóloga deportiva.
  • 18.00 a 18.30 horas: Rodrigo Gavela, campión de España de maratón, sobre o adestramento.
  • 18.30 a 19.00 horas: Mesa redonda con Saúl Sánchez, Madó González, Rodrigo Gavela e os atletas Andrés Díaz e Julia Vaquero.

Recorda: de cara ao domingo, podes consultar os  Cortes de tráfico por IX Maratón Atlántica C42 e Carreira popular 10K  previstos na cidade durante as carreiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión