Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

5 de septiembre de 2020

As rúas Compostela, Alcalde Marchesi, Primavera, Monte das Moas e Emilia Pardo Bazán seguirán sendo peonís até o 31 de xaneiro

O Goberno local decidiu prorrogar a medida que finalizaba o próximo día 15 de setembro para garantir a distancia social e axudar a comercio e a hostalaría, dous sectores moi golpeados pola pandemia. A rúa de acceso ao Club do Mar sumarase o próximo martes a estas actuacións co fin de facilitar máis espazo peonil na contorna da praia de Santo Amaro.

O Goberno local decidiu prorrogar as peonalizacións das rúas Compostela, Primavera, Alcalde Marchesi, Monte das  Moas e Emilia Pardo Bazán até o 31 de xaneiro do 2021. Deste xeito, o Concello pretende garantir que se poida manter a distancia social e, ao mesmo tempo, axudar o comercio e a hostalaría de cara á campaña do Nadal. Para que así, explica, poidan realizar previsións a máis longo prazo e rendibilizar os investimentos que fixeron nas terrazas xa que o inicio da desescalada, o Concello, a través dunha instrución, autorizoulles aos locais de hostalaría ampliar as súas terrazas e instalalas de maneira temporal nas prazas de aparcamento sempre que se garantise a accesibilidade das peoas e dos peóns. Con esta medida, o executivo pretendía axudar a paliar as perdas económicas do sector durante a pandemia.

A partir do próximo martes a rúa de acceso ao club de Santo Amaro será tamén peonil. A Concellería de Mobilidade sinala que con esta actuación se trata de lles facilitar máis espazo para as persoas viandantes na contorna da praia de Santo Amaro e no Club do Mar. Manteranse as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, e o acceso para carga/descarga até as 11.00 horas así como se lles  permitirá o acceso aos servizos de emerxencias.

As peonalizacións ademais de garantir as necesidades derivadas da crise económica responden o compromiso  do Concello coa mobilidade sustentable que no só se ve reflectido nas obras, tamén nas políticas. De feito, A Coruña adheriuse recentemente á Red de Ciudades que Caminan e os datos aválano: aproximadamente o 50% dos desprazamentos que se producen na cidade son a pé. Por iso, algunhas das actuacións como a da rúa Compostela se consolidarán ao formaren parte da reforma dos Cantóns, un proxecto que se levará a cabo nos próximos anos e que servirá para humanizar a cidade e que as persoas viandantes volvan ser protagonistas das políticas de mobilidade.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión