Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

12 de setembro de 2020

“Coruña 30” implantarase en toda a cidade para facer protagonista á veciñanza e que se reduza o número de accidentes

Mobilidade acoutará os eixes de Eirís e as avenidas de Oza e Fisterra de modo que estes puntos funcionarán como portas a unha península máis amable e cunha maior calidade de vida

A concellería de Mobilidade está acometendo estes días o plan de sinalización de "Coruña 30" e nas vindeiras semanas ten previsto acoutar os principais eixes como son a entrada por Eirís-Avenida de Monelos e as avenidas de Oza e Fisterra. Estes puntos funcionarán como portas a unha cidade, que, segundo a alcaldesa, Inés Rey, pretende con esta redución de velocidade que a veciñanza sexa protagonista e que diminúa o número de accidentes de gravidade e os danos medioambientais.

Deste xeito, limitarase a velocidade a 30 quilómetros por hora en todas as vías, agás aquelas que teñen máis dun carril como son as dúas roldas de Nelle e Outeiro, a avenida Alfonso Molina ata o cruzamento con Juana de Vega e mais o Paseo Marítimo e Juan Flórez, aínda que neste caso existe xa un carril específico onde se reduce de 50 a 30 quilómetros por hora a velocidade.

A Xunta de Goberno aprobou en maio a declaración da Coruña como Cidade 30, que recolle tamén que nas rúas con plataforma única se poderá circular como máximo a dez quilómetros por hora, menos o transporte público ao que lle estará permitido chegar aos 20 quilómetros por hora.

Con este novo modelo de mobilidade en que se leva traballando máis dun ano, o concello tratará de cambiar os paradigmas da circulación das últimas décadas para facer que os vehículos brandos, o transporte público e as peoas e peóns primen fronte aos coches.

O plan, que se desenvolverá até 2023, moldeará a cidade para as persoas nunha transformación amable da que xa se poden ver exemplos na Travesía de Rianxo, Ramón Cabanillas, Puga y Parga, contornas escolares, Juan Flórez e a avenida de Gran Canaria, así como a rolda peonil que conectará a Agra co parque de San Diego, a humanización da zona dos Cantóns e Santo André ou a ampliación do paseo marítimo entre o castelo de San Antón e Durmideiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión