Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2022

A rexedora indicou que desde a súa renovación o pasado mes de xullo, BiciCoruña captou unha media de 30 novos usuarios cada día

Inés Rey destaca os avances implantados na cidade estes anos cara a unha mobilidade máis sostible

A alcaldesa realizou a viaxe inaugural do vehículo autónomo en probas que forma parte da programación desta Semana Europea da Mobilidade

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, encabezou hoxe a viaxe inaugural do vehículo de transporte de pasaxeiros eléctrico e autónomo que leva varios días en probas. Este automóbil forma parte da programación do primeiro día da Semana Europea da Mobilidade e a cidadanía poderá probalo de maneira gratuíta ao longo do día de hoxe.

Entre as características deste vehículo está a súa velocidade máxima de 40 quilómetros por hora en cidade (nesta proba redúcese a 15), unha autonomía de 11 horas, capacidade para 12 pasaxeiras e pasaxeiros e apto para persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa estivo acompañada do concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego.

A viaxe rematou cunha visita ás seis carpas instaladas no Obelisco, eixe central desta Semana Europea da Mobilidade. Alí atópanse diferentes servizos municipais relacionados co transporte e empresas e asociacións tamén vinculadas, como Tranvías da Coruña e Mobi-liza. Inés Rey sinalou que o seu Goberno municipal traballa na mellora do espazo público para o uso peonil, no fomento da mobilidade sostible e na promoción do transporte público.

Melloras en mobilidade

A rexedora lembrou que ao final do mandato haberá 55.000 metros cadrados gañados para a cidadanía a través de actuacións levadas a cabo en todos os barrios. Esta mesma semana comezaron os traballos na rúa Ramón Cabanillas, que forma parte da rolda peonil, que percorrerá 3,5 quilómetros unindo diferentes zonas da cidade.

Por outra banda, Inés Rey anunciou a adquisición por parte do Concello de 92 novas bicicletas eléctricas para o servizo de BiciCoruña a través dos fondos Next Generation acadados polo seu Goberno municipal. Estes novos vehículos incorporaranse proximamente á frota de 172 bicicletas eléctricas e 342 mecánicas. "O novo servizo xa conta con máis usuarias e usuarios dos que tiña anteriormente. Este 15 de setembro a cifra era de 4.455 persoas. Imos cara a unha media de máis de 30 usuarias e usuarios novos ao día, o que supera as nosas mellores expectativas", sinalou Rey. A Coruña conta cunha rede de vías ciclables que superou neste mandato os 50 quilómetros. Esta mesma semana comezaron as obras de expansión do carril bici na avenida da Habana e Gregorio Hernández, de 1,2 quilómetros.

Por outra banda, a alcaldesa quixo lembrar que os buses urbanos son hoxe un 30% máis baratos grazas ás axudas acadadas polo Concello a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. "Con esta medida, buscamos que a cidadanía opte cada vez máis polo transporte público e vexan nos nosos buses unha alternativa máis sostible e económica que os vehículos privados", apuntou a rexedora.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión