Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

10 de decembro de 2020

O Concello aposta por estender liñas de buses urbanos á primeira coroa metropolitana

Esta tarde tivo lugar a sinatura do novo convenio de Transporte Metropolitano entre o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia. A alcaldesa, Inés Rey, avoga por iniciar unha auténtica autoridade única do transporte metropolitano consorciando os servizos

Esta tarde tivo lugar a sinatura do novo convenio de Transporte Metropolitano entre o Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, en que participaron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor. O acordo servirá para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano na área coruñesa.

A rexedora defende que este convenio "é moi importante para avanzarmos na mellora da mobilidade da área coruñesa e ofrecer un servizo máis eficiente", aínda que "aposta por seguir traballando para estender liñas de buses urbanos á primeira coroa metropolitana" xa que "coa coordinación de liñas urbanas e interurbanas de viaxeiras/os por estrada se mellorarán as condicións de accesibilidade das persoas usuarias da rede de transporte público". Rey sinala que o Goberno local apoia os procesos de mellora do transporte metropolitano que a Xunta puxo en marcha, pero que "avogamos por establecer mecanismos de coordinación con esta administración que permitan iniciar unha auténtica autoridade única do transporte metropolitano consorciando os servizos".

A alcaldesa lembra que "aínda seguimos á espera de que a Xunta autorice a estensión da liña 1A a Santa Cristina para que funcione todo o ano, non soamente nos meses de verán".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión