Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

19 de diciembre de 2020

O Concello comeza a instalar pulsadores sen contacto nos semáforos da cidade como medida anticovid

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, lembra que “no mes de marzo tapáronse todos os botóns semafóricos para evitar a propagación do virus entre a cidadanía e puxémolos a funcionar de forma programada, sen necesidade de demanda peonil”

O Concello da Coruña comeza a instalar máis de 100 pulsadores sen contacto nos semáforos da cidade como medida anticovid. O pasado luns, 14 de decembro, a Área de Mobilidade iniciou os traballos de substitución deste novo sistema co que as e os cidadáns só teñen que achegar a man, pero non é necesario tocar o botón

O concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, lembra que "no mes de marzo tapáronse todos os botóns semafóricos para evitar a propagación do virus entre a cidadanía e puxémolos a funcionar de forma programada, sen necesidade de demanda peonil". A medida tenta solucionar a descoordinación nos semáforos de certas vías e paradas innecesarias do tráfico rodado sen tránsito peonil que o xustifique. Cos novos pulsadores sen contacto recuperarase a frecuencia semafórica da situación anterior á pandemia e evitaranse riscos de contaxio con este sistema de vangarda.

Segundo Villoslada, trátase dun sistema novo que evitará que as persoas teñan que pulsar o botón e que se ampliará por toda a cidade. "Unha das directivas marcada pola nosa alcaldesa, Inés Rey,  no eido da mobilidade, é mellorar a seguridade nos pasos peonís", asegura.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión