Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de agosto de 2022

O Concello adxudica a reforma integral da Casa da Veeduría por 2,8 millóns de euros

O Concello da Coruña aplicará desde o 1 de setembro unha rebaixa do 30 % en todas as tarifas do bus urbano

O Goberno municipal aprobou a licitación do Servizo Municipal de Canguros e adxudicou novas medidas da Zona de Baixas Emisións para a instalación de equipos de control e mellora do tráfico na cidade

O Concello aplicará desde o vindeiro 1 de setembro unha rebaixa do 30 % en todas as tarifas do bus urbano que os usuarios e usuarias aboan coa tarxeta Millennium. A rebaixa aplicarase sen necesidade de solicitude previa e suporá para as persoas usuarias do bus urbano pasar de 0,75 euros a 0,52 por viaxe coa tarifa xeral e de 0,23 a 0,16 coa tarifa social. Explicouno así esta mañá o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage. A medida tómase en aplicación das axudas estatais, que o Concello ten solicitado, para o fomento do transporte público. "A nosa intención é afondar nesa rebaixa cun 20 % extraordinario que soliciitaremos á Xunta, mais será esta quen decida se a concede ou non; agardamos que teña a vontade de axudar aos nosos cidadáns e cidadás e así o faga", indicou Lage. 

O cambio de tarifas aprobouse esta mañá en Xunta de Goberno Local, unha xunta na que tamén se aprobou a adxudicación da obra de restauración integral da Casa da Veeduría por 2,8 millóns de euros, segundo explicou o tamén concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage.

Estas obras adxudicáronse á UTE formada por "Construcciones Orega e Coviastec", e contan cunha subvención de 1,3 millóns de euros do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, obtida polo Goberno de Inés Rey. Os traballos terán un prazo de execución de 15 meses e suporán "a posta en valor dunha grande infraestrutura pública da que dispoñemos na Cidade Vella, unha zona que o Goberno de Inés Rey busca revitalizar e dotar de servizos para todas as idades", tal e como sinalou José Manuel Lage.

O inmnoble, construído no século XVIII e catalogado pola súa relevancia histórica e arquitectónica, conta na actualidade co centro cívico municipal da Cidade Vella, cuxas instalacións ampliaranse tamén nesta reforma. No semisoto do inmoble disporase un espazo para a terceira idade con comedor; na planta baixa irá, ademais dun maior espazo para o centro cívico, unha sala de exposicións, unha cafetaría e unha zona de xogos; no primeiro andar están previstos unha sala de estudos para alumnos universitarios, un auditorio e salas para un novo viveiro de empresas. Finalmente, no segundo andar habilitaranse despachos e instalaranse as Oficinas Técnicas de Rehabilitación do Concello.

Os traballos da Casa da Veeduría enmárcanse nos plans municipais de revitalización e impulso do casco histórico da cidade, plans dos que forma parte tamén a renovación integral da rúa Nosa Señora do Rosario, finalizada o pasado ano, e no que figuran tamén a recuperación integral dos xardíns de San Carlos, en obras na actualidade, e a reurbanización da rúa Cortaduría e da contorna da Fundación Luís Seoane. En total, o Goberno de Inés Rey suma máis de 4,5 millóns de euros en obras xa executadas ou comprometidas na Cidade Vella, recordou Lage Tuñas.

Servizo Municipal de Canguros

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén aprobou esta mañá a licitación do novo contrato do servizo de atención á infancia para a conciliación laboral, o que se coñece como o Servizo Municipal de Canguros. "Con esta medida o Goberno de Inés Rey busca seguir apoiando ás familias para facilitar o seu día a día", indicou José Manuel Lage.

O novo contrato, que engloba a modalidade de atención nos espazos de atención á infancia e ludotecas, contará cun orzamento de 605.000 euros e unha duración de tres anos, ata o 2024. 

No conxunto do 2021 máis de 400 familias coruñesas foron atendidas por este servizo, un 60 % delas nos espazos de atención á infancia. O Goberno de Inés Rey deu resposta tamén durante o pasado ano ás necesidades de nais e pais ofrecendo tamén a modalidade de coidados a domicilio, con medio milleiro de nenos e nenas atendidos durante o 2021.

Novas medidas da ZBE

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou esta mañá a adxudicación dun novo lote de medidas para complementar a implantación da Zona de Baixas Emisións na cidade, no marco do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que estará financiado con fondos Next Generation da Unión Europea. O obxectivo deste proxecto é ter unha maior información sobre o tráfico na nosa cidade e poder así facilitar a toma de decisións para conseguir unha mellor calidade do aire. 

Entre as novidades que se aplicarán están un novo sistema de puntos de medida, que permitirá monitorizar gran parte da mobilidade no ámbito urbano. A través da instalación de múltiples cámaras e sistemas de última xeración por toda a cidade, detectaranse os diferentes vehículos que circulan en tempo real, ademais dos vehículos de mobilidade persoal como patinetes eléctricos, as bicicletas e os peóns. 

Todos eses datos permitirán coñecer as traxectorias do parque móbil da cidade e levar a cabo unha xestión integral da mobilidade co obxectivo final de diminuír ou minimizar o impacto do tráfico na nosa cidade, así como os niveis de calidade do aire. 

Por outra banda, outra das novidades será a instalación de novos radares pedagóxicos. Trátase de medidores da velocidade dos vehículos que indican en tempo real ao condutor a súa velocidade co obxectivo de que poida corrixir posibles excesos do límite. Estes radares contan cunha pantalla que indica a velocidade do vehículo que se aproxima e sinais de advertencia en caso de exceder o límite da vía. Ademais, os medidores rexistran os datos, que estarán a disposición da Policía Local por se fose necesario intervir nesa vía. "O obxectivo é instalar este tipo de radares pedagóxicos na contorna de colexios e puntos delicados de tráfico e que sexan os propios condutores e condutoras os que tomen conciencia e aminoren a marcha", sinalou José Manuel Lage.

O investimento total nos novos dispostivos de control e mellora do tráfico ascende a 1.450.973 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión