Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de agosto de 2021

O Concello destaca o papel das persoas como centro da mobilidade sostible con motivo do Día Mundial do Peón

O Goberno local anunciou a celebración da Semana Europea da Mobilidade na Coruña, que se desenvolverá do 16 ao 22 de setembro

O Concello da Coruña súmase á conmemoración do Día Mundial Do Peón, unha iniciativa promovida pola OMS que se celebra cada 17 de agosto, e anuncia a Semana Europea da Mobilidade que se desenvolverá do 16 ao 22 de setembro.

Nesta edición da Semana Europea da Mobilidade, o Concello incidirá na seguridade peonil e nos distintos aspectos que permitan conseguir que A Coruña sexa unha cidade máis camiñable. Entre outras accións programadas, no Foro da Mesa da Mobilidade participará Ana Montalbán, coordinadora técnica da Rede de Cidades que Camiñan, e o arquitecto Mateus Porto, ambos expertos na proxección e divulgación de medidas para adaptar as urbes á mobilidade peonil. Na Semana da Mobilidade tamén se realizará unha marcha a pé das e dos escolares por toda a rolda peonil coruñesa.

O Goberno local destaca a importancia de conmemorar o Día Mundial do Peón xa que, sinalou, "as persoas son o centro da mobilidade sostible". A rexedora lembrou que a seguridade das e dos viandantes é unha condición imprescindible para intentar mellorar a mobilidade.

O Goberno de Inés Rey, a través do programa Coruña Camiña, está a recuperar espazos de calidade para as persoas, zonas peonís e itinerarios seguros que facilitan os desprazamentos a pe para todas e todos os camiñantes. Desde o inicio do mandato gañáronse máis de 35.000 metros cadrados de espazo peonil e está previsto que se gañen outros 20.000 metros cadrados coas actuacións definitivas previstas en varias zonas da cidade.

A procura da seguridade peonil é un dos piares do plan CoruñaToda30. A redución do número de atropelos e os efectos lesivos nas persoas é o obxectivo principal deste programa que na nosa cidade permitirá dispoñer en todas as vías polo menos dun carril con esa velocidade máxima de circulación. Así, o Concello da Coruña xa ten sinalizados 14 km de vías con limitación de velocidade a 30 km/h. Esta limitación da velocidade máxima tamén permite a coexistencia entre os vechículos motorizados e as bicicletas e os VMP.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión