Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2022

No que vai de mandato, o Goberno de Inés Rey executou un investimento superior aos dous millóns de euros para incrementar a seguridade na contorna dos colexios coruñeses

O Concello e a asociación STOP Accidentes premian á rapazada dos colexios da Coruña polo seu traballo para reforzar a mensaxe da seguridade vial

Quince nenas e nenos, pertencentes a 14 centros educativos da cidade, gañaron os premios da oitava edición do concurso escolar ‘Agora imos andando ao cole’

A alcaldesa, Inés Rey, fixo hoxe entrega dos premios da oitava edición do concurso escolar 'Agora imos andando ao cole', unha iniciativa impulsada pola asociación STOP Accidentes e no que colabora o Concello da Coruña, co obxectivo de reforzar a mensaxe da seguridade viaria e tamén os comportamentos seguros na contorna dos centros educativos.

Durante o acto, que tivo lugar esta tarde no Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita, premiouse a 15 nenas e nenos, en idades de entre oito e once anos. Todos eles participaron no certame achegando textos e debuxos que reflicten o sentir da rapazada con respecto a cuestións como a mobilidade sostible, a transformación da contorna urbana e a redución da contaminación nas cidades, aspectos que valorou o xurado á hora de determinar os gañadores do concurso.

A rexedora puxo en valor "a sensibilidade e capacidade de observación dos máis pequenos, fundamental para cambiar a nosa sociedade en clave positiva", e recalcou que o compromiso amosado pola rapazada participante no concurso, en clave de respecto aos espazos comúns, os sinais de circulación e as novas formas de mobilidade nas cidades, "son compartidas polo Goberno municipal".

No que vai de mandato, o Concello efectuou un investimento superior aos dous millóns de euros para reforzar a seguridade nos accesos aos centros educativos, incrementando a superficie de zonas peonís fronte aos centros escolares e mellorando os camiños escolares coa disposición de pasos peonís elevados. Este ano, en concreto, ademais de dar continuidade a esta liña de actuación,dispúxeronse tamén novos sinais en cor na contorna de colexios como Labaca e Wenceslao Fernández Flórez, co obxectivo de pacificar o tráfico nas proximidades.

Durante o acto de entrega de premios, a alcaldesa, Inés Rey, estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín; Jeanne Picard, delegada de STOP Accidentes Galicia; María Victoria Gómez Dobarro, directora provincial de Tráfico na Coruña; José Manuel Rico, intendente da Policía Local e xefe da Unidade de Tráfico da Coruña; Antonio Alfeirán, comisionado para a Mobilidade na Coruña; Ana San Claudio, presidenta da Federación Provincial de Asociacións Padres de Alumnos de Colegios Públicos de A Coruña e Fernando Torrado Rivas, secretario da Federación Provincial de Asociaciones Padres de Alumnos en Colegios Concertados y Privados de A Coruña.

As nenas e nenos gañadores desta oitava edición do concurso escolar 'Agora imos andando ao cole' foron os seguintes:

  • CEIP Plurilingüe Concepción Arenal: Mar Meitín Blanco (10 anos); 'Con convivencia gañamos todos'.
  • CEIP Plurilingüe de Prácticas: Zaira Fernández Díaz (10 anos); 'Querida familia'.
  • Colexio Fogar de Santa Margarida: Fatou Wade Fall (11 anos); 'Querido planeta Tierra'.
  • CEIP Plurilingüe de San Pedro de Visma:
    • Alba García de Arriba (11 anos); 'Un futuro mellor'.
    • Sabela París Caamaño (11 anos); 'Así da gusto'.
  • CEIP Juan Fernández Latorre: Nicolás García Roel (8 anos); 'Querido avó'.
  • CEIP Sagrada Familia: Leila Ramos Fernández (11 anos); 'No pongas tu vida en riesgo por culpa del móvil'.
  • CEIP Plurilingüe Anxo da Garda: Adriana Iannone Ferreira (10 anos); 'Querida alcaldesa'.
  • Colexio Santo Domingo: Aitana Brea Ruppen (10 anos); 'Un camiño seguro'.
  • Colexio Plurilingüe Franciscanos: Ana de la Prieta Docampo (10 anos); 'Cousas que non se poden facer'.
  • CEIP Plurilingüe Alborada: Iria García López (11 anos); 'Querido mundo'.
  • CEIP Plurilingüe Manuel Murguía: Candela Simón López (8 anos); 'É moito mellor en bici'.
  • CEIP Plurilingüe María Barbeito: Aida Diouf Diallo (10 anos); 'Querida gente que no duerme bien'.
  • CEIP Sal Lence: Antón Ramos Otero (8 anos); 'Non contaminar'.
  • CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez: Martina Domínguez Rodríguez (11 anos); 'Queridos antepasados de la Edad Media'.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión