Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

29 de mayo de 2021

O Concello garante a cobertura das conexións urbanas do novo Espazo Amizar

O Concello revisou as conexións co transporte público da nova instalación de atención á cidadanía e descartou posibles adaptacións ante o previsible aumento da demanda de mobilidade.

O Concello asegura que as conexións urbanas que lle darán cobertura ao novo edificio administrativo permitirán atender o previsible aumento de persoas usuarias que se producirá a partir da súa apertura, prevista para este verán. "En todo caso, estaremos atentos a estudar as melloras que poidan ser necesarias no suposto de que a demanda de servizo así o esixa", apuntou o concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada.

Segundo o edil, o Goberno de Inés Rey comprométese a garantir as conexións co o  que será o novo Espazo Amizar, antiga sede da Consellería de Sanidade, que se localiza no número dous da rúa Gregorio Hernández, a través das seguintes paradas:

• Parada 48 (Gregorio Hernández, 2) onde fai parada a liña 12 (Os Rosales - CHUAC - Materno) que conecta este equipamento con Catro Camiños e Os Castros a través da Rolda de Nelle e avenida de Oza

• Parada 82 (Paseo de Ronda, 24) está a 60 metros de distancia da parada anterior e na beirarrúa de en fronte. Fai parada a liña 12  (Os Rosales - CHUAC - Materno) en dirección cara aos Rosales, pasando por Cidade Escolar. Tamén fai parada a liña 7 (avenida de Hércules - Ventorrillo) en dirección cara á Praza Pontevedra pasando por rúa Manuel Murgía e avenida de Bos Aires para continuar cara a Porta Real e Orillamar, dirección Montealto

• Parada 20 (avenida Peruleiro, 20) atópase a 170 metros. É parada da liña 7 (avenida de Hércules - Ventorrillo) en dirección  cara ao Ventorrillo

• Parada 134 (avenida da Habana, 25) atópase a 110 metros. É parada da liña 3 (San Pedro de Visma - Durmideiras) e a liña 3A (San Pedro de Visma - Durmideiras). Ambas as dúas das liñas van cara a Durmideiras polo Paseo marítimo pasando a liña 3 pola praza Pontevedra .

• Parada 163 (avenida da Habana, Cidade Xardín) atópase a 115 metros. É a parada da beirarrúa de en fronte da parada 134. Tamén é parada das liña 3 (San Pedro de Visma - Durmideiras) e 3A (San Pedro de Visma - Durmideiras) neste caso en dirección San Pedro de Visma pasando polos Rosales. A maiores a liña 3 ten unha extensión de liña ata O Portiño

Ademais, revisáronse as frecuencias medias de paso destas liñas de bus, e quedan deste xeito as conexións directas da nova instalación de atención á cidadanía co resto da cidade:

• Conexión co noroeste a través das liñas 3 e 3A, cunha frecuencia media de paso de 26 minutos

• Conexión co nordés a través da liña 3, 3A e 7, cunha frecuencia media de paso na parada 134 de 17 minutos e de 14 minutos na parada 82

• Conexión co sueste a través da liña 12, cunha frecuencia media de paso de 24 minutos

• Conexión co oeste a través da liña 7, cunha frecuencia media de paso de 14 minutos

• Conexión co suroeste a través da liña 7, con transbordo da liña 12 coas liñas 5, 20, 24 e UDC á altura de Catro camiños.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión