Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2020

O concello liderará o deseño dunha estratexia común sobre mobilidade urbana sustentable no ámbito do Eixo Atlántico

O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presidiu esta mañá en María Pita unha reunión de traballo con representantes de todos os municipios que integran o organismo para pór en marcha un plan que sirva de guía Villoslada anunciou que en marzo estará lista a instrucción que regulará o uso dos vehículos de mobilidade persoal e que se aprobará a Declaración da Coruña como “Cidade 30”.

María Pita acolleu esta mañá unha reunión de traballo dos municipios do Eixo Atlántico co obxecto de lanzar unha estratexia marco sobre mobilidade urbana sustentable no ámbito das cidades do Eixo, na que A Coruña, explicou o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, quere xogar un papel clave "na liña do compromiso do Goberno local coas políticas de mobilidade que deben contribuír a mellorar os nosos estándares de saúde ambiental, seguridade viaria e mellora do espazo público".

Villoslada agradeceulle ao Eixo a súa confianza na Coruña "para impulsar e liderar un modelo de mobilidade urbana sustentable que lles sirva de directriz xeral ao resto de cidade. "As políticas de mobilidade son un eixo vertebrador do mandato, supoñen unha aposta por un modelo de cidade", explicou o concelleiro.

A Coruña, sinalou o edil, traballará nun documento con propostas que presentará no outono ao Eixo e que virarán ao redor das medidas en que o Concello traballa na actualidade. Mais será o Eixo Atlántico o encargado de redactar o plan seguindo unha metodoloxía propia cos datos achegados por todos os concellos e o encargado de presentalo.

Villoslada, que destacou o feito de que o plan de mobilidade conte co apoio dos grupos políticos e con axentes públicos e privados relacionados coa mobilidade, anunciou que aNota de Prensafinais de marzo estará lista a instrucción que regulará o uso de vehículos de mobilidade persoal. Ademais, a concellería está ultimando a lista de vías da cidade en que se reducirá a velocidade a 30 km, 20 km e 10km, así como a licitación das estacións de Bicicoruña con fondos Eidus.

Tamén destacou a necesidade de buscarlle, coa Xunta e cos municipios da comarca, solucións á mobilidade metropolitana "É necesaria a cooperación entre administracións", recalcou. Por iso, para Villoslada o futuro plan do Eixo perfílase como unha ferramenta perfecta para levar a cabo unha transformación na mobilidade entre municipios.

Por outra banda, o secretario do Eixo, Xoán Vázquez Mao, sinalou que "A Coruña e Pontevedra serán as locomotoras que dirixan o proceso, xa que o seus plans se atopan nunha fase moi avanzada e poderán prestar apoio a outros concellos que aínda están dando os primeiros pasos neste campo". Tamén fixo fincapé no feito de que o concello estea elaborando o plan a partir dunha declaración institucional "o que significa darlle prioridade política e cobertura ao traballo do funcionariado, algo do que tomaron nota o resto de municipios tanto galegos como portugueses".

O Eixo está a elaborar un plan de mobilidade sustentable seguindo as estratexias do Plan de Acción da Axenda Urbana e do programa 2020 aprobado na asemblea xeral celebrada o pasado 7 de febreiro en Matosinhos. Non se trata, explicou o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, de facer plans para cada unha das cidades, senón dun único plan que "se poida adaptar ás 35 cidades que conforman o Eixo tanto a nivel interno das urbes como na súa relación coa contorna metropolitana e entre cidades e permita deseñarlle a cada un o seu propio plan". Vázquez Mao insistiu en que é "un plan necesario e innovador para mellorar as cidades e eliminar a contaminación", que se fará de xeito coordinado e baseándose nuns criterios comúns que todas/os comparten. Por iso, sinalou, a coordinación perfílase como un elemento clave na elaboración deste documento. "É máis eficaz para a cidadanía, máis eficiente en termos de recursos públicos e ademais as nosas cidades están totalmente intercomunicadas".

O traballo foi encargado a Francesc Cárdenas, director da Axenda Urbana de Barcelona e experto en mobilidade sostible, que xa traballo co Eixo como responsable da Axenda Local 21.

Durante o encontro se estudaron distintos plans de mobilidade sustentable e se compartiron experiencias co fin de implantar solucións innovadoras que teñan como eixos a eficiencia ambiental, a cohesión social e o ordenamento dos espazos públicos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión