Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña foi galardoada cos Premios Cidades que Camiñan 2022

"A Peonil", foi galardoada cos Premios Cidades que Camiñan 2022.

Na categoria de municipio de máis de 100.000 habitantes, A Coruña foi galardoada promovendo unha mobilidade máis sustentable, máis saudable, máis segura, unha cidade que camiña.

O xurado nesta edición estivo formado pola urbanista Paula Tees, o arquitecto Mateus Porto e a urbanista Paula García.

A candidatura "A Peonil" obtivo 90 puntos que foron outorgados polas numerosas actuacións realizadas na Rolda Peonil.

A Rolda Peonil consta de 3,5 km que conectan a cidade de leste a oeste a través de barrios populares. Non é unha céntrica rúa peonalizada para pasear. É un espazo seguro, onde o peón ten prioridade para a mobilidade cotiá nun renovado espazo público conseguido pola redución de coches nas vías coruñesas.

Francisco Díaz Galego, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, asistiu ao Noveno Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, sendo o encargado de recibir tan merecido premio.

O xurado considerou que a iniciativa da Coruña, é un circuíto seguro, accesible e confortable nos diferentes barrios da cidade.

O Concelleiro pola súa banda declarou que "A Coruña, camiña cara a un novo modelo de cidade e este recoñecemento é un impulso para seguir traballando na súa formación".

Destacar que a creación por parte do Goberno Inés Rey de de a Rolda Peonil, no último ano executáronse máis de 7.500 metros cadrados deste proxecto cun investimento superior ao millón de euros. Ademais, están en marcha os proxectos doutros tres tramos, un total de 12.000 metros cadrados, que contan con máis de 3 millóns de euros de investimento.

A existencia do plan Coruña Camiña, que consiste en mellorar a mobilidade peonil en diferentes puntos da cidade. Ata o momento leváronse a cabo 35 intervencións por máis de 7,5 millóns de euros co obxectivo de crear unha cidade máis sustentable, saudable e segura.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión