Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Autorizacións para o Transporte Escolar O prazo de presentación destas solicitudes finaliza o 31 de agosto.

bus

INSTRUCIÓN PARA A TRAMITACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS PARA O TRANSPORTE ESCOLAR

A Directora de Infraestruturas e Mobilidade, por delegación da Xunta de Goberno Local, na data 14 de agosto de 2020, aprobou a instrución do tenor literal seguinte:

"As empresas transportistas deberán estar en posesión da correspondente autorización con carácter previo ao inicio do curso escolar, ao obxecto de realizar o transporte escolar dentro do termo municipal da Coruña.

O procedemento de concesión da autorización iniciarase a solicitude das empresas de transporte que se presentarán preferentemente na sede electrónica do Concello da Coruña en

http://sede.coruna.gob.es

O prazo de presentación destas solicitudes finaliza o 31 de agosto.

As empresas de transporte deberán presentar solicitude de licenza de transporte escolar, acompañada da seguinte documentación:

  1. Rutas, facilitadas polos centros escolares
  2. Horarios, Facilitados polos centros escolares
  3. Paradas (poden consultar en https://www.coruna.gal/mobilidade/gl/medios-de-transporte/autobus a listaxe de paradas de transporte urbano)
  4. A rede de rutas, paradas e horarios, que deberá entregarse nunha xeodatabase editable en formato GTFS OU SIMILAR, compatible, en calquera caso cos sistemas de información xeográfica. Poderán recibir a información técnica necesaria no teléfono 981 184 200, extensión 54034 ou no correo electrónico i.gonzalez@coruna.es
transporte

Os vehículos destinados a este transporte deberán presentar:

Relación de vehículos que se pretenden dedicar á prestación do servizo. Estes vehículos deberán estar debidamente homologados como correspondentes á clase M, con carácter principal ou suplente, e que cumpren os requisitos establecidos no Real Decreto 443/2001, do 27 de abril.

Certificado expedido pola Delegación de Transportes da Xunta de Galicia no que conste que os vehículos -relacionando as matrículas- son idóneos para o transporte escolar. No suposto de non presentar este certificado, deberán presentar, respecto de cada vehículo, a seguinte documentación:

  1. Permisos de circulación dos vehículos a nome da empresa solicitante da autorización do transporte ou título que, de conformidad eco establecido no artigo 48.1 da Lei de Ordenación do Transporte Terrestre, outorgue a dispoñibilidade sobre el.
  2. Tarxeta de Inspección Técnica dos vehículos en vigor, acreditativa de que os vehículos que realizarán o transporte escolar cumpren o previsto no RD 443/2001, en relación co disposto no RD 2042/1994, do 14 de outubro.
  3. Póliza de seguro de responsabilidade civil e recibo xustificativo do pagamento en vigor, que cubra os danos e perdas que poidan chegar a sufrir as persoas transportadas en cada vehículo adscrito ao servizo.
  4. Se a periodicidade do pagamento dos recibos for distinta á anual, deberá presentar os orixinais ou fotocopia cotexada a cada vencemento. De non facelo así, anularase a autorización, salvo por calquera circunstancia fose baixa temporal o vehículo para o dito transporte, feito que deberá ser comunicado ao Concello para devolver a correspondente autorización.

Contrato co centro escolar ou, de ser o caso, certificación expedida polo centro contratante.

Xustificante de pagamento da taxa municipal que, coa presentación da documentación no Rexistro Municipal, deberá aboarse segundo o previsto na Ordenanza Fiscal número 13.

Para as empresas de transporte que presenten toda a documentación esixida, serálles expedidas as correspondentes tarxetas de autorización. Para as demais, outorgarase un prazo de 10 días para a subsanación de defectos.

NOTA: debido á dificultade de paso dos buses escolares pola glorieta situada na confluencia da rúa Xinebra coa rúa Bruxelas, está terminantemente prohibido o tránsito por ela.

Publicar o texto íntegro da Instrución aprobada no apartado anterior, no Boletín Oficial da Provincia, e Web Municipal de Mobilidade.

Tamén poderá consultarse no teléfono municipal de atención cidadá 010".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión