Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concesión de Axudas ao Sector do Taxi

O papel que xoga o auto-taxi no conxunto dos medios de transporte variou ao longo da historia, pasando de ser un medio complementario doutros a ser unha modalidade competitiva, dada a vantaxe que suma a posibilidade de ofrecer servizos porta a porta.

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Urbanismo, Infraestrutura, Vivenda e Mobilidade, colabora co sector outorgando axudas dirixidas á implantación de medios que faciliten a súa modernización, a sustentabilidade e a seguridade das persoas, así como o dereito de todas as persoas a poder facer uso deste servizo público.

Así, anualmente o Concello convoca unha liña de axudas destinada á modernización da frota. A finalidade última é fomentar a adquisición de vehículos menos contaminantes (eléctricos puros, vehículos eléctricos con autonomía estendida, híbridos, híbridos enchufables e demais vehículos con combustibles alternativos, taxis adaptados que poidan ser usados con persoas con diversidade funcional e a instalación de medidas de seguridade (equipos de comunicación implementados sobre novas tecnoloxías que permitan a emisión dun sinal a vontade do /da profesional en caso de accidente ou de biombos que preveñan roubos e agresións)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión