Concello da Coruña

Concello da Coruña

Coñecela para vivila

Para vivir con seguridade a nova mobilidade que se está implantando na cidade é necesario que a cidadanía a coñeza.

Saiba cales son os requirimentos, hábitos e condutas que posibiliten gozar do espazo público de forma segura e ecuánime entre todos os modos de desprazamento. O Gabinete de Prensa Municipal achegou á celebración da SEM unha campaña nos medios de comunicación, radio, prensa escrita e redes sociais.

Por unha mobilidade sen emisións e Coruña Cidade 30 foron os eixos desa campaña. Diariamente confeccionábase unha nota de prensa sobre algún dos distintos compoñentes da mobilidade sustentable.

Tamén achegou dous grandes cubos de comunicación nos que se reflectían mensaxes claras e directas sobre a mobilidade. Durante a SEM planificouse cos Servizos Municipais de Mobilidade, Educación e Policía Local unha nova campaña de educación viaria, "A mobilidade en Cidade 30", que se as limitacións pola pandemia permíteno desenvolverase durante o curso escolar nos colexios e institutos da cidade. Nesta nova acción de concienciación poderá participar tamén outras entidades como Protección Civil, Stop Accidentes, o colectivo ciclista e de mobilidade Mobi-Liza e a Asociación de Usuarios de VMP. Tamén se planifico unha versión para compartir con adultos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión