Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Consolidación dun carril dos Cantóns para uso peonil con carácter permanente

pasear

O concello iniciou os traballos para consolidar como vía peonil o carril habilitado nos Cantóns.

A Concellería de Mobilidade destaca que ao retirar os elementos móbiles de separación dos carrís «garánteselles unha maior seguridade ás persoas que transitan pola vía».

Servirá como medida transitoria ata que se execute o proxecto de ampliación das zonas peonís neste punto da cidade, unha actuación que foi presentada recentemente e que lle dará máis espazo á cidadanía en detrimento dos vehículos.

Durante a primeira xornada de traballo colocáronse algúns dos 125 bancos pétreos que exercerán como separación entre a zona peonil e a calzada e que substituirán os valos que ata o momento tiñan o mesmo uso.

Ademais dos bancos, tamén se colocarán bordos de pedra e elementos de ornamentación ao longo da vía. A estes uniranse algúns sinais horizontais con pintura e outros verticais e na calzada para advertir as persoas condutoras da prohibición de circular polo carril.

Peonalización

Outras zonas peonalizadas

En días pasados finalizouse o balizamento necesario para a habilitación de zonas peonís no Paseo Marítimo.

No tramo Dique de Abrigo-Surfistas habilitouse un carril da calzada para os peóns e as peoas.

No tramo desde o Colexio das Escravas - Monte San Pedro habilitouse un carril bici de ambos os sentidos na calzada e transformouse o carril bici da beirarrúa nun carril para persoas corredoras.

No tramo desde o Monte San Pedro - Portiño pechouse ao tráfico de vehículos.

Nos próximos días implantarase o carril 30 desde os Surfistas ata as Escravas, para mellorar a protección das e dos corredores que utilizan o carril recentemente arranxado.

Por outra banda desde o 1 de xullo cerráronse ao tráfico para o goce peonil as rúas Compostela - Alcalde Marchesi. Avanzando co proxecto para mellorar o goce de zonas peonís, súmase a rúa Monte das Moas no tramo que vai desde a avda. da Concordoa a Ángela Blanca Soto, tamén se suma a rúa Emilia Pardo Bazán co tramo que vai desde a praza Antonio Tenreiro á praza de Vigo.

O programa de promoción da mobilidade a pé, a través de solucións de accesibilidade e diversificación de medios de mobilidade e permeabilidade transversal en vias da cidade así como dotación de percorridos peonís. Eidus Coruña modelo de desenvolvemento urbano da cidade.

Coruña Camiña

Unha cidade pensada para camiñar

A Coruña gaña espazos urbanos de calidade para a veciñanza. Unha cidade que vai a pé e que aposta por unha mobilidade sustentable. O proxecto do Goberno local, dentro do plan denominado Coruña Camiña, supoñerá sumar máis de 61.000 metros cadrados de espazo peonil, en lugares onde antes o protagonismo o tiñan os vehículos. 44.000 metros cadrados xa son unha realidade para as persoas viandantes. A pandemia activou moitas actuacións que xa estaban previstas. O deber de ter que manter a distancia social durante a desescalada levou o concello a acometer moitas peonalizacións que agora se consolidaron e, ao mesmo tempo, axilizar a implantación doutras previstas no programa de goberno.

Paso a paso, o Goberno local recuperou espazos para as persoas: no Paseo Marítimo, entre o dique de abrigo e o Millennium, 19.110 m²; tamén no Paseo Marítimo, entre a rotonda da travesía dos Rosales e O Portiño, 16.059 m²; e en Mariña-Cantóns recuperáronse para uso peonil un total de 1.955 m² (ao habilitar un carril de circulación para o uso das e dos camiñantes). A peonalización das rúas de Alcalde Marchesi, Puga y Parga, Compostela, Monte das Moas e Emilia Pardo Bazán.

Nesta liña, o plan Coruña Camiña recolle distintas actuacións, como a remodelación da rúa Santo André. Outra das obras de futuro é a reforma definitiva dos Cantóns, en que se recuperarán 11.000 m² para ser utilizados pola cidadanía. Nesta actuación, peonalizaranse as rúas Compostela, rúa Nova, Entrexardíns e o treito final de Santa Catalina para crear espazos accesibles para todas/os. Este proxecto supoñerá a transformación total do centro da cidade, onde as persoas volverán ser as protagonistas absolutas.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión