Concello da Coruña

Concello da Coruña

Plano Coruña Cidade 30

O concelleiro-secretario da Xunta de Goberno Local, de conformidade co artigo 126.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local,

CERTIFICO:

Que a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 20 de maio de 2020 adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Aprobación da declaración do límite xenérico de velocidade 30 km/h nas vías urbanas do termo municipal da Coruña. Logo da deliberación previa, de conformidade co informe-proposta que consta no expediente e do que se dará traslado, en todo caso, coa certificación/notificación do presente acordo, en canto serve de motivación a el, de conformidade co art. 88.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, por unanimidade, en votación ordinaria, acórdase:

Primeiro.- Fixar os seguintes límites de velocidade nas vías urbanas do termo municipal da Coruña, de acordo co plano 3´´´ que consta no expediente:

1.- O límite xenérico de velocidade será de 30 Km/h

2.- As vías urbanas de dous ou máis carrís por sentido de circulación poderán ter unha limitación de 50 km/h; naquelas cuxa configuración o permitan, poderanse implantar carrís con limitación de velocidade a 30 km/h.

3.- Nas vías de plataforma única de calzada e beirarrúa, a limitación de velocidade será de 10 km/h; no caso de que circule o transporte público de persoas viaxeiras, poderase incrementar a 20 km/h.

Segundo.- Dispoñer que as anteriores limitacións de velocidade entren en vigor en cada unha das vías no momento da súa sinalización.

Terceiro.- Facultar o concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade para que poida modificar os límites establecidos no apartado primeiro segundo as circunstancias que poidan concorrer.

Cuarto.- Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia, na web municipal e na web de Mobilidade, para a súa difusión pública e xeral coñecemento.

Documentos:

Plano zona 30 km/h (1 MB)

Documentos relacionados

  • BOP_Declaración Coruña Cidade 30 (75 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión