Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día Mundial dos Vehículos de Mobilidade Persoal

O sábado 10 de Xullo A Coruña celebrou o "Día Mundial dos vehículos de Mobilidade Persoal". Dentro do plan "Coruña Toda 30".

A Coruña celebrou unha marcha organizada pola Asociación Coruñesa de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal (ACOUVMP), polas rúas da cidade. Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

A marcha comezou á 19.00 h desde a Praza de María Pita .

Ruta:

Praza de María Pita , Paseo do Parrote, Maestranza, Praza de España, Panadeiras, San Andrés (iriamos a paso peón), Praza de Pontevedra, Juan Flórez, Médico Rodríguez, Fernando Macías, Avda Calvo Sotelo, Paseo As Pontes, Rolda de Nelle, Fernando Rey , Xulgados, Mariscal Pardo de Cela, Catro Camiños, Castiñeiras de Arriba, Federico Tapia, Rosalía de Castro, Praza de Lugo, Fonseca, Durán Loriga, Santa Catalina, Cantóns e María Pita

Repartíronse agasallos entro os asistentes, entre eles chalecos da Coruña 30 e camisetas.

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

"Para unha mobilidade non contaminante, áxil, portátil, intermodal e divertida"

A convocatoria, en colaboración co Concello da Coruña, congregou aos e as participantes ás sete da tarde na praza de María Pita,  onde comezaron un percorrido urbano duns 45 minutos de duración ata regresar ao lugar de partida.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión