Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día Mundial en Memoria das Vítimas da Violencia Viaria

O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada súmase á conmemoración do Día Mundial en Memoria das Vítimas de Violencia Viaria

A resolución 60/5 da ONU (aprobada pola Asemblea Xeral o 26/10/2005) convidou á comunidade internacional e aos estados membros a recoñecer o terceiro domingo de novembro de cada ano como Día Mundial en recordo das vítimas dos accidentes de tráfico, en homenaxe ás victimas e as súas familias. A Comisión sobre Seguridade viaria do Congreso dos Deputados na sesión número 5 celebrada o 12 de novembro de 2020 solicita a todas as administracións que institucionalicen o terceiro domingo de novembro de cada ano como o Día Mundial en memoria das vítimas de tráfico e que apoien as iniciativas das organizacións de vítimas de accidentes.

Cada ano morren un gran número de persoas por mor dos accidentes de tráfico, é unha das principais causas de falecemento entre os mozos entre 15 e 29 anos, case a metade das vítimas fatais son peóns, ciclistas e motoristas. Nesta data preténdese reducir o número de vítimas por accidentes, lembrando a importancia que ten cumprir coas normas de tráfico e evitar estas mortes.

O lema para o 2021 é A redución da Velocidade, o 11 de Maio entrou en vigor a nova Normativa de tráfico que establece que a velocidade xeral das rúas da cidade reducirase de 50 a 30 Km/h, sendo A Coruña pioneira destas medidas.

Desde a Concellería de Mobilidade, en colaboración coa de Seguridade, trabállase para conseguir unha mobilidade sen vítimas. Cada vítima nun sinistro viario é un fracaso social pero as victimas causadas pola violencia viaria son unha secuela intolerable polo que ambas as concellerías centran os seus esforzos en expulsar das rúas ás/os autores deses delitos.

Ademais do descubrimento da placa iluminarase en vermello o monumento semafórico existente na porta da Concellería de Mobilidade.

Convidouse a participar no acto aos colectivos implicados na loita pola redución das vítimas viarias (Subdelegación Goberno, Fiscalía de Seguridade viaria, Garda Civil de Tráfico e Policías Locais, 061 e Cruz Vermella , Bombeiros e Protección Civil) .

Tamén estará presente a asociación de vítimas STOP accidentes. Ao finalizar este acto desenvolveranse os actos promovidos por STOP accidentes nos cales estarán presentes representantes municipais en apoio dos mesmos.

Este ano para esta celebración nas dependencias do Concello da Coruña, a Concellería de Mobilidade, situada na Estación de Autobuses, inaugurou unha placa en memoria ás vítimas da Violencia Viaria.

O Concelleiro estivo acompañado neste evento por representantes da Policía Local da Coruña, Protección Civil, 061, Cruz Vermella, Stop Accidentes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión