Concello da Coruña

Concello da Coruña

Libre circulación e mobilidade das persoas

Orde TMA/384/2020 pola que se ditan instrucións sobre a utilización de máscaras nos distintos medios de transporte e fíxanse requisitos para garantir unha mobilidade segura de conformidade co plan para a transición cara a unha nova normalidade, que afecta o número de persoas que poden ocupar os vehículos en función do tipo de vehículo, do número de prazas e do servizo que prestan.

Real decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra a COVID-19.

Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Artigo 7. Limitación da liberdade de circulación das persoas

1. Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías de uso público para realizar as actividades seguintes:

a) Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.

b) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

c) Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual.

e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

h) Calquera outra actividade de análoga natureza que se terá que facer individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada.

2. Igualmente, permitirase a circulación de vehículos particulares polas vías de uso público para realizar as actividades referidas no apartado anterior ou para a reposición en gasolineiras ou estacións de servizo.

3. En todo caso, en calquera desprazamento deberán respectarse as recomendacións e obrigas ditadas polas autoridades sanitarias.

4. O Ministro do Interior poderá acordar o peche á circulación de estradas ou tramos delas por razóns de saúde pública, seguridade ou fluidez do tráfico ou a restrición nelas do acceso de determinados vehículos polos mesmos motivos.

Cando as medidas ás que se refiren os parágrafos anteriores se adopten de oficio serán informadas previamente as administracións autonómicas que exercen competencias de execución da lexislación do Estado en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria.

As autoridades estatais, autonómicas e locais competentes en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria garantirán a divulgación entre a poboación das medidas que poidan afectar ao tráfico rodado.

Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, polo que se modifica o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Real decreto 465/2020, do 17 de marzo

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, queda redactado nos termos seguintes:

Modifícanse o primeiro inciso e a letra h) do artigo 7.1, coa redacción seguinte:

«1. Durante a vixencia do estado de alarma as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades, que deberán realizarse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade, menores, maiores, ou por outra causa xustificada».

«h) Calquera outra actividade de análoga natureza.»

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión