Concello da Coruña

Concello da Coruña

PADEXTR

Padrón de habitantes: renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras

Canles:

Telemático, Presencial

Nivel de tramitacion electronica:

Tramitación electrónica

Tipo:

Rexistros e censos

Materia:

Trámites online, Poboación e comunidades

Vixente:

Si

O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación.

Este procedemento permite finalizar os trámites de renovación e/ou confirmación que a lexislación prescribe para as persoas estranxeiras.

A renovación da inscrición no Padrón de habitantes deben facela as persoas estranxeiras que non sexan nacionais dun país membro da Unión Europea, nin do Espazo Económico Europeo, nin de Suíza, que non teñan permiso de residencia permanente. Esta renovación é periódica, cada dous anos, e contarase desde a última inscrición ou desde a última renovación. A non renovación implicará a baixa da inscrición no Padrón por caducidade das inscricións padroais das persoas estranxeiras non comunitarias sen autorización de residencia permanente.

A confirmación de residencia, para persoas estranxeiras comunitarias e asimiladas así como para estranxeiras con residencia permanente, deberán realizala as persoas estranxeiras que non teñen a obriga de renovar cada dous anos, cando existan indicios de que puidesen deixar de residir ou a súa inscrición non variase nos últimos cinco anos.

O concello, antes de cumprir a data de caducidade da inscrición, enviará en ambos os casos un preaviso ao seu domicilio de empadroamento. Por tanto, é moi importante que teña actualizado no Padrón o seu enderezo habitual, senón non poderá recibir este preaviso.

En resposta a ese preaviso, poderá realizar estes trámtes de renovación e/ou convirmación de dúas maneiras:

  • En liña, se dispón de certificado dixital, asinando dixitalmente o documento que se lle facilitará. (Cando se realice a renovación por este medio o concello poderá esixir ademais a achega de documentación acreditativa da continuidade da residencia no municipio).
  • Presencialmente nos rexistros de Mª Pita, Fórum ou Ágora, xunto co Documento de identificación orixinal.

No caso de que a residencia non puidese ser comprobada ou no suposto de non formalizar a confirmación de residencia, iniciarase un expediente de baixa de oficio no Padrón de habitantes.

No suposto de menores, a persoa representante legal asinará a confirmación e deberá achegar sempre o Libro de familia ou partida de nacemento orixinais.

Padrón: renovación de empadroamento e confirmación de residencia para persoas estranxeiras

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Todas as persoas estranxeiras non comunitarias empadroadas e que non teñan un permiso de residencia permanente teñen que renovar a inscrición padroal cada 2 anos desde a data de empadroamento inicial.

Deben realizar o trámite de confirmación as persoas estranxeiras que non teñen a obriga de renovar cada dous anos, cando existan indicios de que puidesen deixar de residir ou a súa inscrición non variase nos últimos cinco anos. Neste caso pódense dar as seguintes situacións:

  • Cando non figure inscrito/a no Rexistro Central de Estranxeiros (obrigatorio para residencias superiores a tres meses) e a súa última inscrición padroal non variase nos últimos dous anos.
  • Cando a tarxeta de identidade de estranxeiro/a estea caducada e a inscrición padroal non variase nos últimos cinco anos.
  • Cando o certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros de cidadá/n da unión fose expedido hai máis de cinco anos e a súa inscrición non variase nos últimos cinco anos.

Requisitos:

Este trámite utilizarase para responder á petición que previamente lles enviase o concello ás persoas interesadas.

Prezo / Custo:

Ningún

Presentación

Prazo de presentación:

A renovación deberase facer cada dous anos, e a confirmación cada cinco.

En calquera caso, sempre en resposta ao preaviso do concello, a partir do cal dispoñerá do prazo de dous meses.

Documentación necesaria:

Os documentos acéptanse nos idiomas oficiais: galego e castelán. En caso contrario deberá achegar o orixinal e a tradución realizada polo consulado ou por unha persoa tradutora xurada.

É aconsellable achegar a carta do concello.

Persoas afectadas polo trámite maiores de idade: documento de identidade que se solicita na carta, que é o que consta no Padrón de habitantes e pode ser:

  • Tarxeta de residencia, en vigor.
  • Pasaporte, en vigor.

Persoas menores de idade: ademais, documento que acredite a representación do/a menor:

  • Libro de familia coa inscrición do/a menor.
  • Pasaporte ou permiso de residencia do/a menor, en vigor.*
  • Pasaporte dunha das persoas proxenitoras onde tamén consten os datos identificativos do/a menor, en vigor.
  • Extracto literal de nacemento.
  • Sentenza ou resolución xudicial na que se outorga a garda e custodia ou a tutela.

*No caso de menores de 14 anos non será obrigatorio que dispoñan de NIE, pasaporte ou documento identificativo do seu país de orixe e que, por tanto, co libro de familia (ou similar), partida de nacemento ou pasaporte dos pais (se alí figuran os datos do/a menor), será suficiente para realizar calquera xestión padroal.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria".

Como se fai?:

Deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido coa documentación.

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital.

Como se fai?:

Presentación da documentación en liña. Pulsando o botón Tramitar.

Páxina web:

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1445

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Estimatorio

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión