No marco do II Encontro da Bici Urbana celebrado en Málaga, celebrouse o acto da entrega dos Premios Bikefriendly 2021.
A estes 8 premios, impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta presentaron as súas candidaturas 43 cidades e territorios de toda España.
A Coruña foi premiada co Accésit Innova polo seu compromiso, por aproveitar as obras ou actuacións na modificación do tráfico para a execución e incremento da infraestrutura ciclista.
O premio foi recollido polo Comisionado para a Mobilidade, Antonio Alfeirán Rodríguez.
Os premios clasificáronse nas seguintes categoria.
Ademais A Coruña ocupou a segunda posición na categoría de infraestrutura ciclista.
A rede de Cidades pola Bicicleta e Bikefriendly, agradece a participación do concello da Coruña na II Edición dos premios Bikefriendly.
A Concellería de Mobilidade presentou dúas candidaturas aos devanditos premios. Unha delas conxuntamente con Mobi-liza na categoría de Educación e Promoción.
E a segunda na categoría de Infraestrutura Ciclista.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible