Concello da Coruña

Concello da Coruña

RCS

Rodaxes cinematográficas simples (comunicación)

Canles:

Telemático, Presencial

Tipo:

Autorizacións, licencias, concesións e homologacións

Materia:

Sector público, Urbanismo e infraestruturas, Cultura e ocio

Vixente:

Si

Tramitación de solicitudes para a realización de rodaxes audiovisuais na cidade sen reserva temporal de uso de espazo público.

Comunicación de rodaxe: simplificado. Só para a realización de rodaxes con equipo material e técnico reducido (menos de 10 persoas), e que non requiran instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico...

Rodaxes cinematográficas simples comunicación

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas ou xurídicas que desexen realizar rodaxes audiovisuais en espazos públicos no termo municipal

Requisitos:

Formulario específico de solicitude debidamente cuberto acompañado da documentación necesaria

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería Delegada de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Máis información:

Existe un convenio de colaboración coa Academia Galega de Audiovisual para a xestión dun servizo de apoio para a tramitación destes permisos de rodaxe (Galicia Filme Office).

Presentación

Prazo de presentación:

Deberá presentarse a solicitude polo menos, dez días naturais antes do comezo da rodaxe

Documentación necesaria:

En todos os casos

  • Solicitude permiso xeral de rodaxe (modelo 097): Solicitude específica
  • Autorizacións: Autorización para a representación, no seu caso.

Á finalización da rodaxe

  • Fotografias: Entrega dun mínimo de 2 fotografías da rodaxe en alta resolución.
  • Copia proxecto: Entrega dunha copia do proxecto rodado na cidade coa autorización para a utilización de imaxes para promoción da cidade.

Documentos relacionados

  • Modelo 097 - Comunicación de rodaxe (92 KB)
  • Permiso de rodaxe: autorización de representación (203 KB)
  • Guía de rodaxe (423 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso de solicitude (modelo 097) e demais documentación que se indica na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=802

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

Dez días desde a presentación da comunicación.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despóis?:

Contra a resolución que se dite, poderá interpoñerse:

  • Recurso potestativo de Reposición.
  • Recurso contencioso - administrativo

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión