Concello da Coruña

Concello da Coruña

01/03 16.00 h fútbol en Riazor

Cando:

Dende o 28/02/2020 ata o 02/03/2020

Xa rematou

Enderezo:

Rúa Panaderas 10.

01/03 16.00 h fútbol en Riazor

Con motivo da realización o domingo 1 ás 16.00 h do partido de fútbol entre o Real Club Deportivo da Coruña e o C.D. Lugo, ás 14.00 h cortarase o tráfico na rúa Manuel Murguía e ás 15.00 h na avda. da Habana, aproximadamente. Durante o tempo en que as ditas rúas permanezan cortadas, as liñas 3, 3A e 7 circularán polo itinerario alternativo habilitado para os días de fútbol, procurando que as molestias para as persoas usuarias sexan as mínimas posibles. Pedimos desculpas polas molestias.

Itinerarios alternativos:

▶️ L7 (2 horas antes do inicio do partido, dirección Monte Alto): Paseo de Rda. → Náutica → Paseo Marítimo

Incorporaranse na avda. de Bos Aires ao seu itinerario habitual

▶️ L7 (2 horas antes do inicio do partido, dirección Ventorrillo): As Escravas → Paseo Marítimo → avda. de Labañou → Gran Canaria

Incorporarase no Paseo de Rda. (Instituto Salvador de Madariaga) ao seu itinerario habitual

▶️ L3, 3A (1 hora antes do inicio do partido, dirección Durmideiras): avda. Gran Canaria (Náutica) → Paseo de Rda. → Paseo Marítimo

Incorporarase na avda. de Bos Aires ao seu itinerario habitual

▶️ L3, 3A (1 hora antes do inicio do partido, dirección Os Rosales): Fernando Macías → avda. de Calvo Sotelo → Escravas → Paseo Marítimo

Incorporaranse na avda. de Labañou ao seu itinerario habitual.

#ForzaDepor!!!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión