Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2020

Convócanse as axudas económicas para o bono taxi 2020

Hoxe publicouse no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de axudas económicas individuais a persoas con discapacidade, que por estar gravemente afectadas na súa mobilidade teñan problemas para utilizar os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamentos en taxi durante o exercicio 2020 (Convocatoria Bono-taxi).

O día 27 de xaneiro de 2020 publícase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 17 o acordo da Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña, do 30 de decembro de 2019, polo que se convocan axudas económicas individuais a persoas con discapacidade, residentes no termo municipal da Coruña, que por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade teñan problemas para utilizaren os transportes públicos colectivos, co obxecto de proporcionarlles un servizo de desprazamento en taxi (Axudas de Bono-Taxi) para o ano 2020. O prazo de presentación de solicitudes alcanza desde o día 28 de xaneiro de 2020 ao 27 de febreiro do mesmo ano.

Este anuncio así como o texto completo das bases reguladoras poden consultarse no Taboleiro de Edictos da Sede electrónica do Concello da Coruña aquí

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión