Concello da Coruña

Concello da Coruña

Nesta páxina

Tarxeta Millennium e perfís

Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa

O Cartón Coruña Millennium é a chave para poder moverche en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica.Serve tamén como cartón identificativo para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socio nas Bibliotecas municipais.

IMPORTANTE: como canle de comunicación, para calquera xestión co cartón, deberá facilitar o número de teléfono e/ou correo electrónico

Sistema Tarifario de Abono por Recurrencia no Cartón Millennium.

O abono por recurrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar aos usuarios habituais. Consiste en devolver ao usuario o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os abonos realizaranse no propio cartón no momento de recárgaa a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.

  • Perfil xeral: límite 44 viaxes mensuais.
  • Perfil social: límite de 70 viaxes mensuais.

Transporte público

Buses urbanos

A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.

Transporte metropolitano e interurbano

As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.

Bus Aeroporto

A Tarxeta Millennium tamén se pode utilizar para aboar o billete de bus que conecta A Coruña co aeroporto de Alvedro. O importe do billete con tarxeta metropolitana é de 0,85 €.

Servizos de préstamo con Coruña Millennium

Bici - Coruña

Tes dúas tarifas dispoñibles para subscribirte ao servizo:

Tarifa anual, 12 meses, se esperas facer moito uso durante o ano.

Tarifa de uso ocasional, 30 días, se a usas ocasionalmente.

Carné nas Bibliotecas Municipais

Se xa tes a Tarxeta Millennium, simplemente achégate ao mostrador da biblioteca municipal da túa elección e darémoste de alta inmediatamente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión