Tarxeta Millennium e perfís
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
O Cartón Coruña Millennium é a chave para poder moverche en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica.Serve tamén como cartón identificativo para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socio nas Bibliotecas municipais.
IMPORTANTE: como canle de comunicación, para calquera xestión co cartón, deberá facilitar o número de teléfono e/ou correo electrónico
Sistema Tarifario de Abono por Recurrencia no Cartón Millennium.
O abono por recurrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar aos usuarios habituais. Consiste en devolver ao usuario o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os abonos realizaranse no propio cartón no momento de recárgaa a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.
Transporte público
A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.
As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible